Un total de 92 pontevedreses súmanse en novembro ás listas do paro na cidade

Por Redacción
Crece o paro na cidade de Pontevedra no mes de novembro. Segundo os datos desvelados este martes pola Consellería de Traballo, un total de 8.118 persoas están rexistradas como demandantes de emprego na capital da provincia. Trátase de 92 desempregados máis que en outubro, é dicir un 1.15% máis.
En todo caso, os servizos públicos de Emprego destacan que Pontevedra conta con menos parados que hai un ano. Entón, había 8.708 persoas desempregadas na cidade, un 7,26% máis que en novembro deste ano.
O aumento das listas do paro neste mes de novembro foi xeneral en toda a provincia de Pontevedra, salvo contadas excepcións. En concreto, subiu en todos os municipios salvo nun par deles como Meis e, sobre todo, Poio, onde se rexistrou un descenso de 27 persoas, un 1,65% con respecto ao mes anterior.
Novembro 2014 | Outubro 2014 | Variación mensual | |
Pontevedra | 8.118 | 8.026 | 92 (1,15%) |
Barro | 393 | 382 | 11 (2,88%) |
Bueu | 1.112 | 1.107 | 5 (0,45%) |
Caldas de Reis | 1.111 | 1.089 | 22 (2,02%) |
Cambados | 1.441 | 1.380 | 61 (4,42%) |
Campo Lameiro | 213 | 208 | 5 (2,40%) |
Cotobade | 460 | 443 | 17 (3,84%) |
Cuntis | 539 | 535 | 4 (6,91%) |
O Grove | 1.159 | 1.132 | 27 (2,39%) |
A Illa de Arousa | 390 | 382 | 8 (4,86%) |
A Lama | 259 | 247 | 12 (5,66%) |
Marín | 2.373 | 2.316 | 57 (2,46%) |
Meaño | 580 | 544 | 36 (6,62%) |
Meis | 542 | 544 | -2 (-0,37%) |
Moraña | 523 | 515 | 8 (1,55%) |
Poio | 1.608 | 1.635 | -27 (-1,65%) |
Ponte Caldelas | 712 | 687 | 25 (3,64%) |
Portas | 327 | 307 | 20 (6,51%) |
Ribadumia | 497 | 493 | 4 (0,81%) |
Sanxenxo | 1.695 | 1.628 | 67 (4,12%) |
Vilaboa | 622 | 613 | 9 (1,44%) |
Vilagarcía de Arousa | 4.656 | 4.622 | 34 (0,74%) |
Vilanova de Arousa | 1.107 | 1.067 | 47 (3,75%) |
DATOS PROVINCIAIS
A provincia de Pontevedra pechou novembro con 857 parados máis que un mes antes. Esta suba sitúa o número de persoas demandantes de emprego en 99.181.
Os datos desvelados este martes polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social recollen que o incremento do paro se situou no 0,87 por cento con respecto ao mes de outubro, que rematara na provincia con 98.324 desempregados rexistrados nas Oficinas dos Servizos Públicos de Emprego.
A pesar de tratarse dunhas estatísticas negativas, supón unha reduccion de 9.158 parados con respecto ao mes de novembro de 2013, de modo que na comparativa interanual se produciu unha baixada do 8,45 por cento no número de parados na provincia.
As cifras pontevedresas seguen a mesma tendencia que presenta o global de Galicia. A comunidade pechou o mes de novembro con 248.632 desempregados, 4.588 máis que no mes anteriores e cifra que supón un aumento do 1,88 por cento. En España, non obstante, o número de parados baixou en novembro en 14.688 persoas, cifra que supón o mellor dato rexistrado neste mes en toda a serie histórica e deixa a cifra total de paro rexistrado en 4.512.116 persoas.
Relacionadas:
-
Pontevedra pecha xaneiro con 291 novos desempregados na cidade, un 3,58% máis que en decembro
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Crece o paro en decembro: 1.247 persoas sumáronse ás listas de desemprego en Pontevedra
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O PSOE leva ao Parlamento a "alarmante e desesperante" subida do paro na cidade
Por Redacción |
-
Outubro pecha con máis de 8.000 parados na cidade de Pontevedra, un 6,64% menos que hai un ano
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O paro sobe en 225 persoas en Pontevedra pero mantense estable na provincia no mes de setembro
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
O paro baixou na provincia de Pontevedra en 430 persoas en agosto, 63 delas na capital
Por Redacción | Creada e actualizada