Pontevedra, capital mundial del tapeo
Por Redacción
Reporteiros de medios de comunicación españois, personaxes coñecidos, blogueiros e referentes en turismo gastronómico nas redes sociais estarán presentes en PontedeTapas durante a celebración do certame que este venres comeza en 45 locais de hostalería pontevedreses.
O concurso, que dinamizará a economía local ata o próximo 8 de decembro, foi inaugurado cunha visita o Alejo's, onde se serve a tapa La debilidad de Chicote, na modalidade de cociña creativa.
A oferta gastronómica, que pode consultarse no sitio www.pontedetapas.eu inclúe 30 tapas de cociña creativa, 16 tapas tradicionais e 12 cócteles.
Algúns dos establecementos participantes ofrecen varias destas modalidades, e mesmo algúns, as tres.
O concurso será resolto a partir das votacións dun xurado profesional. Despois da primeira selección para escoller os tres finalistas de cada categoría chegará o momento da gran gala final, que será o luns, 15 de decembro. O xurado estará encabezado por un cociñeiro con estrela Michelín.
O público que deguste as tapas volverá ter ao seu dispor as papeletas de votación para seleccionar ao local gañador da votación popular. Entre todos os votos se sortearán os habituais premios: un primeiro consistente nunha viaxe dunha fin de semana para dúas persoas a unha capital europea e varios vales de compra no comercio local e na Praza de Abastos.
Por outra banda, está a piques de pecharse o programa de visitas de representantes dos medios de comunicación, blogs e perfís na Internet. A concelleira de Promoción Económica, Carlota Román, destacou a firme aposta de PontedeTapas pola estratexia 2.0, que tan bos resultados acadou nas dúas últimas edicións. O obxectivo, recalcou, é atraer público doutras localidades, especialmente de Galicia e comunidades próximas e está claro que os blogs, Facebook e Twitter axudáronos moito no pasado para acadalo.
Aínda coa posibilidade de introducir cambios barállase o seguinte calendario:
O próximo luns estará en Pontevedra Beatriz Campos, actriz e presentadora en "A nosa nube" en TVG. Con ela chegarán David Espiño, reporteiro da La Sexta, e Patricia Martínez, de Telecinco.
O mércores será a quenda dos blogueiros:
- José Luis Oliveira (As pequenas viaxes")
- Rubén Amorín ("Ni mata ni Engorda"), finalista do concurso de Canal Cocina e finalista en MexilOnseTuits;
- Manuel Babarro ("Cervexeando");
- Conchi Zúñiga ("Cocinando con setas");
- Víctor Blanco ("O Bandullo");
- José Silvarredonda ("Cocina y Kutchna");
- Lucía Pita ("Vivirnacoruna")
- Verónica Ramallal ("Pekecha").
O xoves chegarán
- Laura Eiriz ("La Cocina de Mezquita")
- María ("Las historias de María")
- ÿrsula Urssuladas (community manager de Martín Códax);
- Xavi Presas (Xavi_Life e"Cocidotrip").
O venres agárdase a
- José Crusat (bodegueiro e Del comercio y del bebercio");
- Lorena Costas ("Bake my day");
- Frenchi Oubiña ("Galicia_Mola"),
- Luis Ulloa ("Cocido_Day");
- Alberto Ribas ("Mais grelos");
- Mariña Bello ("Tee-Travel"),
- Iván Méndez (chef profesional e responsable das accións de Galicia Calidade);
- Kike Cerviño ("Alacena Roja").
O sábado será novamente a quenda dos xornalistas, pois pasarán por PontedeTapas: María Cheda (Antena 3) e Raquel Rosa (TVG)
Relacionadas:
-
RADIO.- A playlist de... Alberto Ribas: Traballar co verbo compartir
Por Marisa Ciordia |
-
'PontedeTapas' reparte os seus premios nun sorteo con anécdota incluída
Por Diego Espiño |
-
Os locais de PontedeTapas levan xa máis de 12.000 tapas e cócteles vendidos
Por Redacción |
-
O bo tempo dispara as previsións máis optimistas de Pontedetapas
Por Mónica Patxot & Alejandro Espiño |
-
PontedeTapas bota a andar este venres en 45 locais de hostalería
Por Redacción |
-
Volve 'PontedeTapas' coa súa sétima edición do 28 de novembro ao 8 de decembro
Por Diego Espiño |