Calor humana para as vítimas de violencia de xénero fronte á frialdade da Administración
Por Natalia Puga & Mónica Patxot
Na atención ás vítimas de violencia de xénero "hay mucho por hacer". Afírmano Mercedes Pintos, María Míguez, Carolina Hincapié e María Rey. Son só catro, pero recollen o sentir de moitas mulleres e, sobre todo, de moitas vítimas desta eiva social. Co reto de poñer fin a eses deberes pendentes e de mellorar a atención que reciben as vítimas tanto antes de denunciar o calvario que sofren como xusto despois de facelo, creouse a asociación 'Mulleres en pé', presentada este luns no Teatro Principal de Pontevedra.
A posta de longo correu a cargo de mulleres. Moderadas pola xornalista pontevedresa Begoña Márquez e despois de que Engracia Vidal lese o manifesto do Consello Municipal da Muller con motivo do Día Internacional para a Erradicación da Violencia sobre a Muller, fixeron toda unha declaración de intencións. Esta asociación buscará darlle "calor humana" a todas aquelas vítimas de violencia de xénero que dean o paso de denunciar a súa situación e que, na actualidade, se encontran de fociños cunha Administración e unha Xustiza que o recibe con frialdade.
"El perfil del maltratador empieza por aislar a la mujer de todo lo que le rodea. Cuando te atreves a denunciar te encuentras sola", expuxo Carolina Hincapié no salón habilitado para a ocasión no escenario do Teatro Principal. Esa soidade coa que o maltratador castigou unha muller vítima de violencia de xénero dificulta que esta se decida a dar o paso de presentar unha denuncia e dificulta que poida saír do pozo unha vez que se atreve. Por iso este novo colectivo considera fundamental "poner esa parte, ese calor humano, ese acompañamiento".
'Mulleres en pé' intégrana vítimas de violencia de xénero e outras que non o son, pero teñen sensibilidade cara a esta eiva social. Só mulleres, é a súa premisa fundacional. Nacen co apoio do Concello de Pontevedra e con vocación local, pero non pechan as súas portas a ningunha muller que chegue dende outra localidade, pois todas se encontran na mesma situación e todas necesitan que os cubran carencias. "Hay una parte que la Administración no cumple. Cuando una mujer es maltratada, el maltratador ha conseguido dejarla sola. Recibe ayuda de la Administración, pero hay una ayuda que no le llega, ese acompañamiento", explica María Rey.
Cando deciden denunciar, moitas mulleres se encontran, segundo María Miguez, con que "estás en un momento duro y la sociedad te da la espaldala sociedad te da la espalda", de aí que ademais de apoiarse entre elas e coa rede que empezaron a crear con 'Mulleres en pé'', tamén piden maior apoio social. "La sociedad debe hacer autocrítica", sostén Mercedes Pintos, debe pensar que "si te calles cuando a tu vecina la están maltratando, eres cómplice de ese maltrato".
"El perfil del maltratador empieza por aislar a la mujer de todo lo que le rodea. Cuando te atreves a denunciar te encuentras sola"
E é que, segundo María Rey, estamos nunha sociedade con "doble moral" no que unha parte da cidadanía se escandalizou coa última campaña municipal contra a violencia de xénero, que encheu as rúas con carteis de denuncia con palabras como 'puta', 'porca' ou 'burra', pero"no se escandaliza al ver a un hombre por la calle llamando puta a su pareja" ou cando se utiliza algunha desas palabras para insultar a unha muller.
ÿ un problema de sensibilidade e educación, conclúen estas catro mulleres que decidiron deixar a comodidade dos seus fogares para empezar a traballar pola igualdade real da muller e contra a violencia de xénero a través de 'Mulleres en pé', que escolleron este nome para a súa asociación porque xa anuncian que terán un carácter moi reivindicativo, de denunciar o que se está a facer mal e de esixir que as cousas se fagan ben dende as administracións, os xulgados ou a propia sociedade "para que no suframos un segundo maltrato cuando nos atrevemos a denunciar el segundo".
Relacionadas:
-
Oitenta mulleres vítimas de violencia de xénero e 39 menores reciben atención psicolóxica en Pontevedra
Por Redacción |
-
Maltratar a golpes de clic
Por Redacción |
-
Colas de espectadores na posta de longo da aula de teatro do CIM
Por Diego Torrado |
-
Pontevedra plántalle cara á violencia de xénero
Por Redacción |
-
Axenda de actos polo Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller
Por Redacción |
-
Alumnos de FP da Xunqueira I reparten tarxetas para sensibilizar sobre a violencia machista
Por Diego Torrado |
-
'Puta, porca, burra', a violencia machista nunca empeza por unha paliza
Por Redacción |