A pegada da violencia de xénero na cidade: sen cambios en 2014
Por Natalia Puga
Pontevedra súmase este martes 25 de novembro á conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller con moito camiño aínda por andar para rematar con esta eiva social. A loita das distintas administracións e Forzas de Seguridade non cesa, pero, malia todo, este 2014 rexistrouse unha actividade delituosa similar neste ámbito. No que vai de ano, a Policía Local capitalina detivo 14 persoas por delitos de violencia de xénero ou doméstica, unha menos que en todo o ano 2013.
Os datos facilitados pola Policía Local de Pontevedra reflicten que este ano se redactou 13 atestados policiais por asuntos vinculados coa violencia sobre a muller e das 14 persoas detidas por delitos de está índole, seis fórono por violencia de xénero, tres por violencia doméstica e cinco por quebrantar unha condena previa.
No ano 2013 -contabilizando os doce meses e non os once do presente ano- os axentes municipais detiveron 15 persoas e imputaron a outras tres. 16 deses delitos están relacionados coa violencia de xénero, sendo a maioría por malos tratos (13) e o resto por ameazas (2) e quebrantamento de orde de afastamento (1). Os dous restantes están relacionados coa violencia doméstica, sendo un por malos tratos e un por ameazas.
A memoria de actividade relativa ao ano 2014 non estará rematada ata que conclúa o ano, de modo que as estatísticas municipais máis completas se refiren a 2013, cando a Policía Local controlou a un total de 45 vítimas, das 13 estaba cualificadas de risco medio, 11 de risco baixo e 10 de risco non apreciado.
Para garantir a protección das vítimas de violencia de xénero e doméstica, os axentes realizaron 403 contactos con vítimas, dos que 333 foron telefónicos e 70 entrevistas persoais. Ademais, a Policía Local realizou dez dispositivos especiais de vixilancia a domicilio, dous para detectar a posible convivencia entre unha vítima e o seu maltratador, cinco para localizar unha vítima e dous para a protección efectiva dunha muller.
As Forzas de Seguridad realizan seguemento a 887 vítimas de violencia de xénero na provincia
De acordo co protocolo de colaboración e coordinación entre as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e os corpos da Policía Local para a protección das vítimas de violencia de xénero, a Policía Local de Pontevedra mantén un equipo humano con dedicación exclusiva a tal fin.
Os datos facilitados son los relativos a este equipo, pero ademais na comarca de Pontevedra teñen atribuidas competencias nesta materia a Policía Nacional e a Garda Civil. A Subdelegación do Goberno en Pontevedra sinala que non é posible facilitar os datos de actividade destes corpos de seguridade segregados por municipios ou comarcas atentendo á Lei de Protección de Datos e remiten calquera información relacionada ás estatísticas provinciais publicadas polo Ministerio de Sanidade, segundo as cales as Forzas de Seguridade realizan seguemento a 887 vítimas de violencia de xénero na provincia.
Relacionadas:
-
Ata setembro presentáronse 1.680 denuncias por malos tratos na provincia
Por Redacción |
-
Maltratar a golpes de clic
Por Redacción |
-
Pontevedra plántalle cara á violencia de xénero
Por Redacción |
-
Axenda de actos polo Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller
Por Redacción |
-
A Praza de Galicia de Vilagarcía será escenario da campaña 'E ti que pintas contra os malos tratos?'
Por Redacción |
-
Entrega de chaveiros en Marín contra a violencia de xénero
Por Redacción |
-
'Puta, porca, burra', a violencia machista nunca empeza por unha paliza
Por Redacción |