O goberno local "saúda e apoia" a idea de Louzán para a antiga Delegación de Facenda
Por Redacción
O goberno local de Pontevedra aplaude a proposta do presidente da Deputación, Rafael Louzán, de recuperar e rehabilitar o edificio San Francisco, antiga delegación de Facenda, para convertelo nun gran centro de investigación que reúna todos os arquivos históricos da provincia.
"Non só saudamos, tamén apoiamos totalmente" a proposta, dixo o voceiro do goberno municipal, Raimundo González. "Vai na liña do que ten defendido o Concello", engadiu.
O concelleiro César Mosquera xa fora informado hai algún tempo desta iniciativa polo propio presidente da Deputación. De feito, formaba parte das propostas que o propio Louzán xunto ao alcalde capitalino, Miguel Anxo Fernández Lores, trasladaron ao Director Xeral de Patrimonio.
Ademais o Concello móstrase partidario de trasladar ao edificio de San Francisco o arquivo municipal situado no baixo do Colexio Froebel, no antigo conservatorio de música e no edificio de Michelena 30, así como outros fondos documentais e artísticos repartidos nos distintos inmobles municipais.
Relacionadas:
-
Como se preparou Pontevedra contra Francis Drake? O Arquivo Municipal abre unha exposición ao público
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Facenda e Deputación aínda non se sentaron a negociar a cesión do edificio da Ferrería
Por Oskar Viéitez |
-
A antiga sede de Facenda queda totalmente baleira
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Louzán propón converter o edificio de San Francisco nun gran centro de investigación
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |