As aves da ría de Pontevedra, máis preto dos escolares
Por Redacción
Máis de corenta nenos e adultos participaron durante a xornada do sábado a unha actividade organizada polo colexio Sagrado Corazón de Praceres en Lourizán coa finalidade de observar e identificar as aves mariñas da contorna.
O ornitólogo Víctor Cabaleiro e o biólogo Rodrigo Fernández foron os encargados de guiar e explicar ao grupo de interesados as abundantes especies que se poden observar na ría pontevedresa, sobre todo, cando baixa a marea.
Tras a observación, os participantes puideron ver tamén un vídeo explicativo sobre a gran variedade de aves que sobrevoan oconcello pontevedrés.
Trátase da terceira edición desta xornada de observación e, con motivo do éxito da convocatoria, a organización está a estudar preparar unha cuarta.