Louzán propón converter o edificio de San Francisco nun gran centro de investigación
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
O grupo provincial do Partido Popular na Deputación de Pontevedra presentará unha moción ante o Pleno da Corporación na que solicita ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas a cesión en propiedade á Deputación do edificio de San Francisco, para crear alí un gran centro de investigación e facer de un só edificio a sede de dos arquivos de toda a provincia.
De sair adiante esta proposta a antiga sede de Facenda na praza da Ferrería preservaría a memoria colectiva da provincia a través dos seus documentos.
Propoñen ademais que sexa tamén a sede do arquivo histórico provincial, de titularidade estatal, que hai tamén na cidade e que actualmente xestiona a Xunta de Galicia.
A deputada popular, Ana Isabel Vázquez, explicou que "se esta cesión non se fixera ou en propiedade ou en uso, pídeselle ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas que poña en marcha un plan urxente de rehabilitación e acondicionamento deste edificio histórico que se encontra nun avanzado estado de deterioro, para conseguir que o patrimonio dos edificios públicos en Pontevedra se manteñan no mellor estado posible".
O presidente provincial do PP de Pontevedra e presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, explicou que xa tivo conversas ata en 4 ocasións co director xeral de Patrimonio do Estado sobre este asunto, xa que a criterio dos populares "este edificio está nun estado precario e de deterioro que precisa unha actuación urxente para a súa rehabilitación, "porque é a nosa obriga manter o patrimonio de Pontevedra, e non podemos deixar que se deteriore máis".
"Temos unha idea clara do que queremos facer con este edificio desde un punto de vista funcional e tamén arquitéctonico, os técnicos da Deputación xa traballaron con este tema e a nosa idea xa foi exposta ante o director de Patrimonio, non facemos un canto ao sol nin se queda nunha mera proposta, senón que levamos moitos meses traballando neste asunto para poder aportar ademais documentación e poñer papeles enriba da mesa", conclúe Louzán.
Relacionadas:
-
O antigo edificio de Facenda, futuro arquivo histórico provincial?
Por Alejandro Espiño |
-
Facenda e Deputación aínda non se sentaron a negociar a cesión do edificio da Ferrería
Por Oskar Viéitez |
-
Ceden o Museo un retablo catalán do século XV, unha peza singular do gótico internacional
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
A antiga sede de Facenda queda totalmente baleira
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O goberno local "saúda e apoia" a idea de Louzán para a antiga Delegación de Facenda
Por Redacción |
-
Retiran 117 niños e 123 polos de gaivotas dos tellados da cidade para controlar a superpoboación
Por Natalia Puga |
-
Hacienda acepta estudar a cesión do seu edificio na Ferrería ao Concello e a Deputación
Por Alejandro Espiño |
-
Os últimos de Filipinas, "atrincheirados" no edificio de Hacienda
Por Oskar Viéitez |