Desprendementos no ámbito da ermida da Lanzada
Por Redacción
A Policía Local de Sanxenxo valou o ámbito da ermida da Lanzada, a causa duns desprendementos no acantilado que deixaron a balaustrada de madeira suspendida no aire.
En concreto a parte afectada encóntrase no acceso á ermida dende a parte dereita.
Ao igual que sucedeu coa praia de Paxariñas, o concelleiro de Medio Ambiente, José Luis Rodríguez, informou os servizos Costas do Estado e autonómicos desta situación ademais dos danos sufridos hai uns días nas praias de Areas e Bascuas, para que procedan á súa reparación.
Relacionadas:
-
Sanxenxo reabre o sábado a praia de Paxariñas tras concluír a estabilización do noiro
Por Redacción |
-
O concello de Sanxenxo aspira a conseguir 15 bandeiras azuis para a campaña estival de 2015
Por Redacción |
-
Bascuas recupera a súa mellor cara: retiran os cantos rodados e redistribúen a area
Por Redacción |