A Brilat despide os 280 militares que asumirán en Afganistán unha misión con risco "calculado"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot
A conta atrás definitiva está en marcha. Entre 260 e 280 soldados da Brigada de Infantaría Lixeira (BRILAT) encaran xa os últimos días antes previos a asumir unha misión "arriesgada", pero cun risco "calculado" en Afganistán e este xoves dixeron 'adeus' oficialmente aos seus compañeiros e xefes ao tempo que todos tiñan o pensamento noutro punto afastado do planeta, Mali, cara a onde este venres se trasladará o segundo e último voo con militares da Brigada que asumirán a próxima misión africana.
A base General Morillo de Figueirido acolleu unha parada militar baixo a chuvia e con escasa presenza de familias na que o xefe da Brilat, o xeneral de Brigada Luis Cebrián Carbonell, trasladoulles que os despide con envexa, confianza, inquietude e orgullo. Confianza "porque sabemos que vuestra profesionalidad y preparación aseguran el éxito en el cumplimiento de la misión" e inquietude porque "vais a enfrentaros a un ambiente hostil".
Ese ambiente hostil en que poderán encontrarse "riesgos, incluso graves" estará situado na base de Herat, que está actualmente baixo mando dun coronel do Exército do Aire e na que teñen encomendadas as misións de seguridade da base de apoio e do aeroporto de Herat e da área de seguridade terrestre anexa, a última base que teñen as forzas da OTAN no mando rexional Oeste, onde as tropas españolas estiveron despregadas durante dez anos.
O rexemento da Brilat empezará a trasladarse a Afganistán a partir do próximo 25 de novembro, pero o despregamento oficial do continxente non se producirá ata mediados de decembro e non estarán operativos na zona ata os últimos día do ano. Chegarán alí xusto antes de Nadal, unha época dura para estar afastados das súas familias, pero a práctica totalidade dos soldados teñen xa experiencia en misións anteriores en Afganistán ou noutra zona de operacións, de modo que se lle fará máis levadeiro. Será xa a sexta misión da Brigada no país asiático e déixase notar no currículo dos seus efectivos.
"Todas las misiones en las que participan las fuerzas militares entrañan riesgo, de no ser así no nos enviarían"
Las tareas que asumirán "entran dentro de la continuidad para la finalización de la misión en Afganistán", e, segundo sostén o xeneral Cebrián, "innegablemente sigue existiendo un cierto nivel de insurgencia en Afganistán", pero o xefe do continxente, o tenente coronel Jesús Manuel Diego de Somonte Galdeano, asegurou este xoves que, ao ser unha cidade, a insurxencia non ten tanta forza como nas anteriores zonas nas que traballou o Exército español.
"Todas as misións nas que participan as forzas militares entrañan risco, de non ser así non nos enviarían", indicou o xefe da Brilat, pero o xefe de ASPFOR XXXVI matizou que se trata dunha misión que "actualmente es asumible" na que "la ameaza que tenemos es bastante controlada".
"Básicamente les estamos acompañando de la mano y a lo largo del año que viene les vamos a soltar", explicou o tenente coronel De Somonte, que quixo mandar unha mensaxe de tranquilidade ás familias dos soldados e asegurar que "nos hemos adiestrado e instruido en el ambiente más hostil muy por encima del riesgo que podemos encontrarnos allí para afrontarlo perfectamente".
Relacionadas:
-
Como viviron a misión de Afganistán os militares da Brilat? A resposta, na Subdelegación de Defensa
Por Mónica Patxot & Natalia Puga |
-
A Brilat transfire o mando da misión de Afganistán
Por Redacción |
-
Sexta misión (case) cumprida en Afganistán
Por Redacción |
-
Rajoy felicita o Nadal á Brilat en Afganistán
Por Redacción |
-
O selfie de Soraya cos militares da Brilat en Afganistán
Por Redacción |
-
O xeneral da Brilat anuncia á tropa un ano 2015 austero e cheo de recortes
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado |
-
Saen de Lavacolla os últimos soldados da Brilat que participarán na misión de Afganistán
Por Redacción |
-
Santa Bárbara, non só cando trona
Por Redacción |
-
A Brilat asume en Afganistán a seguridade da Base de Apoio e aeroporto de Herat
Por Redacción |
-
Eles vanse contentos, os nervios quedan cos de casa
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Os 90 militares da Brilat que asumirán a misión en Mali viaxarán en novembro
Por Redacción |