Pepe Solla, Yayo Daporta, Javier Olleros e Pepe Vieira revalidan, un ano máis, as súas estrelas Michelín
Por Alejandro Espiño
Sen sorpresas para a cociña pontevedresa. Así foi a gala organizada pola Guía Michelín para repartir as súas tradicionais estrelas, o recoñecemento que outorga anualmente aos mellores restaurantes de España e Portugal.
No evento, celebrado este ano no hotel Los Monteros de Marbella, confirmáronse os prognósticos. Pepe Solla, Yayo Daporta, Javier Olleros e Pepe Vieira revalidaron, un ano máis, as súas respectivas estrelas Michelín.
En total, a provincia de Pontevedra contará de novo con seis restaurantes recomendados nesta prestixiosa publicación. Ademais de Casa Solla e Pepe Vieira (Poio), Yayo Daporta (Cambados) e Culler de Pau (O Grove), lograron manter este recoñecemento tanto Sibalario (Tui) como Maruja Limón (Vigo).
O restaurante Nova (Ourense) de Daniel Guzmán e Julio Sotomayor é a única novidade entre a cociña galega, que con el alcanza as doce estrelas Michelín.
Tal e como se esperaba, apenas hai cambios nesta prestixiosa guía gastronómica con respecto ao ano pasado, máis alá de peches por reformas ou por cesamento de actividade.
Relacionadas:
-
Resístese a segunda estrela Michelín para Pepe Solla
Por Oskar Viéitez |
-
O Financial Times sitúa a Casa Solla como un dos cinco mellores restaurantes familiares de España
Por Redacción |
-
Pepe Solla despide un ano excepcional cun 'showcooking' de Nadal no seu restaurante
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Pepe Solla, primeiro cociñeiro galego en lograr tres Soles Repsol
Por Alejandro Espiño |
-
Un gastrobar, barra de viños, tenda e aula-taller: Así será o novo restaurante de Pepe Vieira no Museo
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Pepe Solla, elixido un dos seis premios Chef Millesime 2014
Por Redacción |
-
"A cociña galega vive un momento fantástico. Nunca houbo tanta xente facendo cousas tan interesantes"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |