Marín acenderá a súa iluminación de Nadal o próximo 5 de decembro
Por Redacción
O Concello de Marín ultima o programa de actividades que se desenvolverá no municipio con motivo do próximo Nadal. Traballan co obxectivo de que o próximo día 5 de decembro se acenda a iluminación do Nadal e se inaugure o belén que, ao igual que o ano pasado se situará no palco da música da Alameda. Trátase de iniciativas encamiñadas a dinamizar o comercio local nunhas datas tan sinaladas.
A colocación da iluminación empezará a realizarse nos próximos días.
A intención do goberno municipal é contar cunha serie de actividades durante o período de vacacións escolares, polo que se colocará a tradicional carpa na Alameda, na que se celebrarán numerosos eventos e xogos para os máis pequenos. Convivirá cunha segunda carpa que a Asociación de Artesáns de Marin situará no outro extremo da Alameda e que terá postos de venda e diversas actividades de animación.
Durante as fins de semana de decembro haberá ademais numerosas actividades no Multiúsos da praza de abastos, a maior parte delas organizadas por distintas asociacións. A primeira delas será o concurso de karaoke previsto para os días 6 e 7 de decembro.
Entre as iniciativas que repetirá o Concello de Marín, coincidindo co inicio das vacacións dos máis pequenos, é a posta en marcha do tren que circula por distintas rúas dando un paseo a todos os que suban a el, de forma gratuíta.
O resto das actividades aínda non están pechadas.
Relacionadas:
-
O Nadal chega a todas as parroquias de Sanxenxo
Por Redacción |
-
ÿxito de público para escoitar os 71 participantes no concurso de karaoke de Marín
Por Diego Torrado |
-
Unhas 75 persoas competirán polo título de mellor cantante de karaoke de Marín
Por Redacción |
-
Gústache cantar no karaoke? Marín busca xente coma ti
Por Redacción |