As limpadoras dos centros de saúde e administración de Xustiza sopesan ir á folga
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
As traballadoras da Linorsa sopesa ir á folga para forzar ás administracións a rescindir o contrato a esta empresa concesionaria do servizo de limpeza dos centros de saúde e administración de Xustiza.
Segundo informaron Diana Rodríguez, secretaria comarcal da CIG-Servizos e Isaac Gutiérrez, da federación de Servizos da UXT, o problema de Linorsa afecta en Pontevedra a cincuenta persoas. Na capital a empresa ten como clientes principais ao Sergas para o servizo de limpeza dos centros de saúde, e á Vicepresidencia da Xunta para as distintas sedes xudiciais (Audiencia, Germán Adrio e A Parda).
A traballadoras levan dende o mes de agosto con atrasos no pagamento dos salarios e este mes tan só aboou o 50% da nómina de outubro e fará o mesmo coa paga de novembro. O comité de empresa xa solicitou reunións coas administracións públicas.
Dende a xerencia do Sergas puxéronse en contacto cos sindicatos para comunicar a explicación trasladada por Linorsa que alude a non pagamentos por parte do Concello de Parla. Segundo explicou Diana Rodríguez, os responsables do Sergas indicáronlles que polo atraso no pagamento das nóminas non poden tomar ningún tipo de medida coa concesión. "O que nos está dicindo o Sergas é que a única manera de rescindirlle o contrato a Linorsa é que haxa un incumplimento na prestación do servizo, evidentemente, nos está dicindo que temos que ir a unha folga".
Os traballadores esperan que esta sexa a mesma resposta que lles dea a vicepresidencia da Xunta.
Na concentración protagonizada ante a Audiencia de Pontevedra por parte das traballadoras de Linorsa tamén fíxose referencia á empresa Cleanet, cuxas traballadoras farán un paro o día 27 con dúas concentracións ante a Escola Naval e a Brilat.
O problema neste sector da limpeza é que se precarizaron de forma notable as condicións laborais, segundo a denuncia dos sindicatos, xa que "as empresas van moi a baixa nos concursos e logo non son capaces de cumplir coas condicións da adxudicación e trasladan os recortes ao pago do salario das traballadoras".
Relacionadas:
-
As traballadoras da limpeza dos centros de saúde denuncian atrasos nos pagamentos
Por Redacción |
-
Star Servicios elimina unilateralmente os días de vacacións ás limpadoras do Campus
Por Oskar Viéitez |
-
Subdelegación pide ás traballadoras de Cleanet que anulen as protestas ante a Brilat o día da patroa
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
O persoal de Cleanet na Brilat e na Escola Naval secunda un paro dunha hora
Por Redacción |
-
Os traballadores de Linorsa decidirán este venres se inician unha folga de limpeza nos centros de saúde
Por Redacción |
-
Piden que se anule a concesión á empresa de limpeza dos centros de saúde por problemas nos pagamentos
Por Anxo Lourido |
-
Os traballadores de Linorsa ameazan con protestas se non se lles aboa a totalidade dos seus salarios
Por Oskar Viéitez |