Minuto de silencio no Pleno en lembranza das vítimas de accidentes de tráfico
Por Alejandro Espiño
Pontevedra puxo este luns o seu gran de area para lembrar as vítimas dos accidentes de tráfico, coincidindo co día mundial que impulsa a ONU bajo o lema A velocidade mata. Fíxoo cun minuto de silencio que interrompeu o desenvolvemento do Pleno e cunha declaración institucional, aprobada por unanimidade, na que se insta a todas as administracións a traballar para "erradicar os sinistros e acabar coa lacra de mortes e feridos nas nosas estradas".
Na declaración, lida polo alcalde de Pontevedra, a corporación municipal expresa a súa preocupación polos datos "aterradores" das vítimas de accidentes de tráfico. Recordan que en Galicia, segundo datos de 2012, morreron nas nosas estradas e rúas 157 persoas, e resultaron feridas máis de 15.000 persoas, das cales foron graves máis de 1.000. Das galegas, a provincia de Pontevedra é a de peor comportamento e peores datos.
Fronte a catalogación antiga dos sinistros de circulación como accidentes "o que daba a entender que son resultado do chou, de imponderables de difícil ou imposible control", a corporación reivindica o termo "violencia viaria", xa que considera que "unha morte por condución desatenta ou por exceso de velocidade non é un mero accidente".
Como reflexa o lema deste día, que se celebrará a partir de agora o terceiro domingo de cada mes de novembro, "é unha evidencia que a velocidade mata". E neste sentido, o Concello de Pontevedra recorda que por esta razón "esta corporación acordou, unanimemente, limitar a 30 Km/hora a velocidade en todas as vías municipais", co que se reduciu drasticamente os accidentes de circulación na cidade e, polo tanto, o número de vítimas destes sinistros.
"Moito se ten avanzado nos diversos campos relacionados coa seguranza viaria, pero queda aínda moito por facer", conclúe esta declaración institucional. "Cada morto, cada ferido grave, cada ferido nun sinistro de tráfico, constitúe un fracaso, un doloroso e custoso fracaso da sociedade, das institucións, dos fabricantes de automóbiles e dos lexisladores". De aí que a colaboración de todos sexa necesario para frear esta sinistralidade.
Relacionadas:
-
Pontevedra pecha outro ano sen mortos en accidentes de tráfico e con só cinco feridos graves
Por Alejandro Espiño |
-
Un minuto de silencio para que "cada día haya más minutos sin fallecidos en carretera"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Minuto de silencio en recordo de todas as vítimas de accidentes de tráfico
Por Redacción |