Afectados polas preferentes de Arousa piden coñecer que criterios se seguen na arbitraxe
Por Redacción
Os afectados por participacións preferentes e obligacións subordinadas da Illa de Arousa piden e Novagalicia Banco e a Price Waterhous Coopers (empresa que selecciona os casos que poden ir a vía da arbitraxe) que "expliquen os criteiros que siguen para elexir os casos" que chega a este trámite.
Segundo indican nun comunicado, esta petición de explicaciones realízana ao detectar que "hai persoas que levan agardando unha resposta dende febreiro e marzo e, en cambio, outras que presentaron as reclamacións en agosto e setembro xa foron á arbitraxe e recuperaron os seus cartos".
"Queremos que lle dean unha contestación a toda a xente que está agardando (sea positiva ou negativa)", solicitan dende a plataforma de afectados da Illa. Ao seu modo de ver, "sabemos que o banco non vai aceptar a todo o mundo porque considera que non todo o mundo foi enganado, pero debe comunicarlle tamén a negativa aos casos que non acepte para que poidan iniciar accións xudiciais sen máis demora".
Está situación que agora denuncian públicamente levou a varios afectados da Illa a presentar unha denuncia ante o Defensor del Pueblo nos últimos días. Remitíronlle unha carta na que denunciaban "a situación de desamparo na que nos atopabamos (aínda non había arbitraxe)".
A misiva obtivo resposta, máis non unha solución. "Invítanos a poñer unha reclamación na Comisión Nacional do Mercado de Valores, reclamación que non sirve de moito porque aínda no caso de ser favorable ao afectado non ten carácter vinculante e, por tanto, non obriga ao banco a devolver os cartos. Ademáis tardan seis meses en contestar", cuestionan ao respecto.