A Brilat pecha un 2012 "exigente" e afronta un novo ano "que será también apretado"
"A punto de finalizar un año duro por las exigencias derivadas de nuestra preparación para afrontar las diferentes misiones que se nos han asignado, ya estamos en condiciones de comenzar lo que será también un apretado y no menos exigente 2013". Foi a principal mensaxe do xeneral xefe da Brilat, José Antonio Alonso Miranda, aos aproximadamente 1.300 militares que celebraron os actos en honra á súa patroa.
Como é tradicional con motivo da festividade da Inmaculada Concepción, a Base General Morillo de Pontevedra vestiu as súas mellores galas. Todo para unha xornada na que José Antonio Alonso Miranda tivo un recordo especial para os efectivos da Brilat destinados en Afganistán, máis de 800 soldados da base pontevedresa.
Deles destacou o seu "esfuerzo, perseverancia y sacrificio" para participar nunha misión "demandante y exigente". Recordou que están repartidos entre as bases de Herat, Qala E Naw e "un puñado de valientes" nas COP de Ludina e Moqur, "en primera linea, donde siempre está la infantería española". Dixo o xeneral Alonso Miranda que "todos ellos están hoy aquí, presentes en nuestras mentes y nuestros corazones".
Durante os actos en honra á patronal da Brilat tivo lugar unha parada militar na que as formacións das unidades da brigada desfilaron ante as autoridades presentes, entre elas o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, ou o subdelegado do Goberno, Antonio Coello; así como a habitual homenaxe aos soldados falecidos.
Ademais, a Federación de Vecinos Boa Vila fixo entrega á Brilat do premio "Agasallo Boa Vila", como recoñecemento ao labor militar en Pontevedra; e 35 civís xuraron a bandeira española, "manifestando o seu compromiso con España" e que segundo José Antonio Alonso Miranda "viene a demostrar la grandeza y determinación de la sociedad española de mantenerse firme en la defensa de sus valores".