Colisión frontal entre unha furgoneta e un camión en Barro
Por Redacción
Segundo informou o Centro de Atención de Emerxencias 112 ás 15:24 horas da tarde do mércores deuse aviso dun accidente de tráfico, tratouse dunha colisión frontal entre unha furgoneta que circulaba en dirección a Vilagarcía e un camión que se dirixía a Pontevedra.
A condutora resultou ferida grave, mentres que o usuario da furgoneta resultou ileso.
Aconteceu na PO-531 ao seu paso por Curro, no municipio de Barro.
Ao lugar do accidente acudiron voluntarios da agrupación de Protección Civil de Barro, os servizos sanitarios do 061 e á Garda Civil de Tráfico.