A Audiencia atende as súplicas da esposa e deixa en liberdade ao marido acusado de intentar asfixiala
Por Oskar Viéitez
"Lo único que voy a pedir es que le dejen en libertad. Todos merecemos el perdón. Sólo les pido eso. Yo no tengo a nadie, estoy sóla. La única ayuda que tengo es él", suplicara ó tribunal María, a muller, á que supostamente intentou asfixiar o seu marido en Vigo no seu domicilio da rúa Ecuador. Pois ben, a Sección Cuarta de la Audiencia Provincial de Pontevedra fixo caso a esta petición e deixou libre a Juan P.L., segundo confirmaron dende o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).
A posta en liberdade deste individuo produciuse ao día seguinte da celebración do xuízo, no que a muller se negou a declarar en contra do seu marido.
A fiscal, Carmen Novo, solicita inicialmente 11 anos de prisión por unha tentativa de asasinato, coa agravante de parentesco. Alternativamente engadiu un delito de maltrato polo que pediu un ano de prisión.
A defensa do acusado pediu a libre absolución aínda que alternativamente formulou que no caso de que sexa condenado por asasinato, que a pena sexa de só 6 anos de cárcere.
O acusado asegurou recordar "poca cosa", aínda que se recoñeceu que bebera "varias cervezas", e que tirou na cama á súa muller e que esta sangraba. Logo foise de casa, chamou a Policía e esperounos no portal.