Vía libre para Agustín Fernández nas primarias do PSOE: María José Fariña retira a súa candidatura
Por Alejandro Espiño
Agustín Fernández queda só no proceso de primarias do PSdeG-PSOE en Pontevedra. A outra candidata, a arquitecta María José Fariña, decidiu retirarse. Non o fai, di, por falta de apoios. "Tenía ya muchos avales", asegura. O motivo reside nas formas de proceder "no adecuadas" que se encontrou polo camiño. Unha delas sería, como xa denunciou na súa presentación, as dificultades para acceder ao listado de militantes.
Tras agradecer o apoio recibido durante estes días, especialmente daqueles que lle entregaran xa o seu aval, María José Fariña destacou, facendo súa unha frase de Felipe II sobre a Batalla de Trafalgar, que "no he enviado mis naves a luchar contra los elementos" e reiterou que eses elementos unha serie de circunstancias lle abocado a anunciar a súa retirada deste proceso, decisión que tomou este mesmo martes.
Trátase de condutas no seo do partido, dixo, que "necesitamos modificar" porque asegura que ao PSdeG-PSOE non lle beneficia "vivir encerrados en un castillo sin abrir las ventanas y sin dejar que entre aire nuevo". Entende que, nese caso, "el mal del edificio puede llegar a afectar a los que viven en su interior", pero afirma que se se toman as medidas oportunas para evitalo "es algo que se puede corregir para volver a tomar fuerza".
Iso si, antes de renunciar quixo deixar claro que "yo no he sido en ningún momento la candidata de los críticos", en referencia ao sector do PSdeG-PSOE que se opón frontalmente á xestión da actual executiva municipal liderada por Agustín Fernández.
En todo caso, espera que esta fugaz candidatura e os problemas que se encontrou para reunir os avais necesarios sirvan para que, de cara a próximos procesos de primarias, "la gente no tenga que luchar tanto para poder comunicarse con la militancia". Fariña asegura que os militantes "tienen que ser conscientes de que tienen el poder en su mano, ya que son la base del partido, no deben de tener miedo".
María José Fariña, militante socialista dende 2011, asegura que a pesar do acontecido non pensa abandonar o partido. "Soy una persona luchadora", sinala. "Y me gustaría que todos los compañeros contribuyeran a esta lucha para cambiar la sociedad".
Relacionadas:
-
O PSOE Provincial proclama aos seus candidatos para as municipais nas localidades de máis de 20.000 habitantes
Por Redacción |
-
María José Fariña, candidata ás primarias do PSOE-Pontevedra, denuncia as dificultades para acceder aos militantes
Por Redacción |
-
Agustín Fernández, "un tipo normal e decente", anuncia a súa candidatura ás primarias do PSOE
Por Oskar Viéitez |