Sorprenden unha menor roubando roupa con tesoiras e alicates
Por Redacción
A encargada dunha tenda da rúa Benito Corbal sorprendeu unha menor cando intentaba roubar roupa utilizando unhas tesoiras metálicas pregables e uns alicates.
A menor foi identificada pola Policía Nacional como presunta autora dunha falta de furto e foi alertado o seu pai. En presenza do seu proxenitor fixéronlle entrega dunha cédula de citación para a celebración dun xuízo rápido por falta e lle nformaron da obriga de presentarse ante a Fiscalía de Menores.
Os feitos producíronse o 5 de decembro sobre as 19.30 horas. A encargada da tenda detectou a presenza dunha moza que lle pareceu que tería furtado varias pezas e sorprendeuna tras arrancar o dispositivo de alarma da peza.
A encargada interceptou a moza e avisou a Policía Nacional. Tras solicitar datos da presunta autora, os axentes incautáronlle a peza, ademais dunhas tesoiras metálicas pregables e uns alicates.