A Ponte da Barca pide a súa independencia
Por Redacción
No medio da ponte da Constitución e a Inmaculada os pontevedreses que tiveron que madrugar para acudir ás súas obrigas laborais víronse sorprendidos por unha mensaxe pouco habitual. A ponte da Barca pide a Independencia.
Dende este xoves 6 de novembro unha faixa de grandes dimensións pendura da ponte e pódese ver a bastantes metros de distancia na zona de orillamar. Co simple lema 'Independencia', pero, iso si, deixando claro quen realiza a petición, 'Nós Unidade Popular'.
Dende 'Nós Unidade Popular' explican que a faixa se enmarca nunha campaña de accións simbólicas realizadas con motivo do aniversario da Constitución "para reivindicar a independencia para a nosa pátria, frente ao constitucionalismo español".
Tamén penduraron pancartas en puntos emblemáticos da Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Vigo, ou Porriño e Salvaterra.