Paolo Vasile: "Internet no ha matado la TV. Ha alargado su vida. Le ha dado muchas más posibilidades"
Durante os dous últimos meses, o campus de Pontevedra recibiu a visita dos principais directivos de Mediaset España, compañía editora de canais de televisión como Telecinco ou Cuatro. Só faltaba o seu conselleiro delegado, o home que toma todas as decisións: Paolo Vasile. El foi o encargado de pechar este curso de formación e, ante a expectación creada, a conferencia celebrouse no salón de plenos da Deputación provincial.
Nun relatorio centrado en reflexionar sobre o futuro da televisión, Paolo Vasile atraeu a atención de numerosos pontevedreses, na súa maioría estudantes da facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación. Nel cualificou o medio no que traballa como una "mezcla de invento tecnológico y fantasía" e destacou a revolución que supuxo a chegada da Internet e as novas tecnoloxías.
"Internet no ha matado la TV. Ha alargado su vida. Le ha dado muchas más posibilidades", sinalou o máximo responsable de Mediaset España, que explicou que, neste sentido, as novas ventás de explotación déronlle aos contidos audiovisuais a "posibilidade de vivir más allá de su emisión" e isto implica a directivos e creativos de televisión "a pensar en el producto pensando ya en una vida más grande".
Vasile destacou que para a súa xeración a televisión "era una gran chimenea que quemaba todo en el momento en el que se emitía", algo que, ao seu xuízo, agora xa non acontece grazas a avances como internet. "La pantalla del ordenador no sustituyó a la de la televisión, se ha añadido a esta", sostivo o directivo, para quen hoxe máis que nunca os contidos téñense convertido "en el rey, en el verdadero centro de esta actividad".
Tras uns 20 minutos de conferencia, Paolo Vasile deu paso ás preguntas do público asistente que xiraron na súa maioría sobre aspectos creativos da televisión e o modelo de negocio actual. A este respecto, sinalou que Mediaset España produce os seus contidos sen vontade de "convencer a nadie", senón que fan televisión "pensando en el público, que nos da indicaciones que cada día estudiamos de forma minuciosa".
"Es la televisión la que debe cambiar para darle al mundo las cousas que quiso desde siempre, comunicarse, saber, entreterse, tener compañía, huir de la soledad", destacou o directivo italiano. Por iso convidou ao alumnado presente neste acto a encamiñar o seu futuro profesional a dar resposta a esas necesidades afondando nese "matrimonio entre tecnología y fantasía", que na actualidade se instalou no mundo do audiovisual.
Con esta conferencia púxose remate a un curso que trouxo ata a Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación aos principais directivos deste grupo audiovisual líder do sector en España, que en diferentes coloquios compartiron co alumnado os seus coñecementos e experiencias no mundo da produción audiovisual, así como as claves da creación e a xestión dos contidos do grupo.
Ademais deste curso de formación, que contou con máis de 200 matriculados, o convenio asinado con Mediaset España permitiu tamén que tres estudantes da facultade realizasen prácticas extracurriculares na sede central do grupo en Madrid o pasado verán, grazas tamén ao apoio do Consello Social. Un convenio que ambas partes ven como "un punto de partida e un nexo de unión que agardamos que perdure no tempo".
Relacionadas:
-
Alumnos de Ciencias Sociais traballan para volver gañar o "Proyecto Mañana" de Atresmedia
Por Redacción |
-
Atresmedia premia as propostas do alumnado de Ciencias Sociais e da Comunicación
Por Redacción |
-
Ciencias Sociais, 20 anos non é nada
Por Redacción |
-
Mediaset, editora de Telecinco ou Cuatro, forma futuros profesionais da televisión no campus de Pontevedra
Por Redacción |
-
Paolo Vasile, en Pontevedra: "¿Telebasura? A los que hablan mal de nosotros les encantaría hacer esta televisión"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
De Pontevedra a "Sálvame" ou "Gran Hermano": Paolo Vasile buscará novos talentos no campus
Por Redacción |