Deteñen dous cambadeses con 2,4 quilos de haxíx agochados nunha lata de aceite de motor
Por Redacción
Dous veciños de Cambados foron detidos en Málaga con 2,4 quilos de hachix escondidas nunha lata de aceite de motor.
Segundo informou a Garda Civil de Málaga, os detidos foron interceptados nun vehículo na estrada dos Pedregais, cando os efectivos do instituto armado se encontraban realizando labores de seguridade cidadá e de prevención do contrabando e o narcotráfico.
Na inspección do vehículo, co apoio do can detector de narcóticos, encontrouse unha lata de aceite de motor que foi marcada polo can, descubrindo que efectivamente no seu interior se encontraba unha cantidade importante de cápsulas, en forma de landras, de hachix. Resultaron pesar 2.480 gramps de substancia estupefaciente
Así, detívose ambas as dúas persoas como presuntas autoras dun delito contra a saúde pública e instruíronse dilixencias que xunto co detido e a droga incautada se puxo a disposición xudicial.