Ponte Caldelas solicita ao goberno a devolución de 3.500 euros correspondentes ao "céntimo sanitario"
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O alcalde de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez, informou que o Concello xa formalizou oficialmente a solicitude de devolución do Imposto sobre as Vendas Minoristas de Determinados Hidrocarburos (o denominado "céntimo sanitario") ante a Axencia Tributaria.
Este tributo gravaba os hidrocarburos e foi creado polo Goberno no ano 2001 co obxectivo de financiar as competencias en materia de Sanidade das Comunidades Autónomas.
En febreiro de 2014, o Tribunal de Xustiza da Unión Europea considerou ese tributo ilegal e obrigou a devolver as cantidades recadadas por ese concepto.
Ademais dos transportistas, os concellos tamén resultan prexudicados e teñen dereito á devolución dese tributo pagado nas diferentes facturas de carburante que foron aboadas tanto para gasóleo de calefacción coma para vehículos.
A Axencia Tributaria arbitrou vía telemática o procedemento para solicitar a devolución, que o Concello de Ponte Caldelas acaba de realizar solicitando a devolución deste gravame correspondente aos anos 2010, 2011 e 2012 (a partir desta data deixou de aplicarse). Os anos anteriores estaba prescritos. En total calcúlase que a Axencia Tributaria terá que devolver ao Concello algo máis de 3.500 euros.
Relacionadas:
-
A Deputación reclamará á Axencia Tributaria a devolución de 31.000 euros do céntimo sanitario
Por Redacción |
-
Os transportistas pontevedreses reclaman a devolución de máis 20 millones de euros polo céntimo sanitario
Por Oskar Viéitez |
-
A Corporación Municipal decidirá no Pleno se reclama a devolución do 'céntimo sanitario'
Por Redacción |
-
A Cámara de Comercio de Pontevedra pon en marcha unha plataforma para recuperar o "céntimo sanitario"
Por Redacción |