A reforma da Constitución como tema de fondo no acto da Subdelegación
Por Anxo Lourido & Diego Torrado
- La reforma de la Constitución es el mejor procedimiento para que la Constitución continúe estando viva, pero tiene que ser realizada con el principio de la prudencia.
Con estas palabras, o catedrático de Dereito Constitucional, Eloy García, trasladaba ás autoridades e ao público asistente ao acto de conmemoración do 34 aniversario da Constitución a reflexión sobre a necesidade de reformar ou non a Constitución de 1978.
Pola súa banda, no seu discurso, o subdelegado do Goberno en Pontevedra recordou que o 6 de decembro de 1978 representou un antes e un despois na vida de España porque una vez aceptada y ratificada por referéndum popular, la Constitución se convertía en la ley suprema y en la expresa garantía de una España ávida de reconciliación, generosa y esperanzada que decidía romper definitivamente con su pasado y plantearse, con sensatez e ilusión, un porvenir en torno a nuevos principios e ilusiones".
Antonio Coello tamén fixo referencia aos artífices da Carta Magna de 1978: "Se debe a la voluntad de unos admirables representantes de
la voluntad popular que olvidaron antiguas discordias y aparcaron sus diferencias políticas hasta entonces irreconciliables para redactar una norma en la que todos los españoles tuvieron cabida. El resultado ha sido ejemplar y tan eficiente y efectivo que nos llena de orgullo".
O subdelegado do Goberno en Pontevedra quixo agradecer a colaboración do catedrático, Eloy García, e do artista Antón Pulido, quen obsequiou cunha obra súa o profesor.
Ao acto asistiron o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, as deputadas Irene Garrido e María Paz Lago, o xeneral da Brilat, José Antonio Alonso, o membro do Conselo Consultivo de Galicia, José Luis Costa Pillado, o vogal do Consello Xeral do Poder Xudicial, Manuel Almenar, o presidente da Audiencia provincial, Francisco Javier Menéndez e o fiscal xefe da Audiencia, Juan Carlos Aladro.
Sen viño nin pinchos, o acto concluíu coa interpretación dos himnos galego e español por parte da Banda da Escola Naval de Marín.
Galería de fotos de Diego Torrado: