Moreira sae do despacho
Por Oskar Viéitez
O Partido Popular de Pontevedra aposta pola política a pé de rúa co fin de presentar e achegar as propostas do grupo municipal a todos os cidadáns, para facelos partícipes do programa electoral.
"Lo tengo muy claro desde que asumí las riendas del partido: hay que estar en la calle con los ciudadanos", afirmou o presidente dos populares locais, Jacobo Moreira. "Estamos tratando de conocer directamente los problemas y las preocupaciones porque nuestra vocación es ayudar", engade.
"Son los nuevos tiempos en política, hay que salir del despacho", apunta Moreira mentres percorre as distintas paradas de taxis de Pontevedra para informar persoalmente os taxistas sobre a súa proposta para reducir un 75% o importe do imposto da viñeta.
Acompañado de varios concelleiros do seu grupo, Moreira explicou algunhas destas propostas que formarán parte do seu futuro programa electoral se é que o partido decide facerlle candidato á alcaldía.
Relacionadas:
-
Jacobo Moreira, confirmado como candidato do PP á Alcaldía de Pontevedra
Por Redacción |
-
O PP tilda de "total falacia" que o Concello conxelará os impostos e taxas en 2015
Por Redacción |
-
Moreira propón reducir o custe das viñetas e do IBI rústico e aumentar as bonificacións para familias numerosas
Por Redacción |