Gústache cantar no karaoke? Marín busca xente coma ti
Por Redacción
O Concello de Marín puxo en marcha un curioso concurso musical. Buscan o mellor cantante de karaoke. Terá lugar os días 6 e 7 de decembro no multiúsos da praza de Abastos.
O prazo de inscrición, aberto dende este luns, rematará o próximo 28 de novembro ás 13:00 horas. Os interesados teñen que inscribirse no Museo Manuel Torres.
Poderán participar persoas de todas as idades e haberá dúas categorías: infantil, ata os 14 anos; e sénior, de 15 anos en diante.
O concurso comezará ás 21:30 horas do sábado 6 de decembro, aínda que dende unha hora antes o karaoke estará dispoñible para aquelas persoas que desexen participar fóra de concurso.
Os concursantes cantarán un tema na semifinal do día 6 (proposto por eles no momento da inscrición), e outros dous, se conseguen clasificarse, na final do día 7 coa posibilidade de repetir na final un dos dous temas do día anterior.
Os gañadores serán elixidos por un xurado profesional. Entregaranse en total 1.000 euros en premios na categoría sénior e vales de compra e trofeos na categoría infantil.