Susto en Benito Corbal
Por Redacción
Unha dotación do Parque de Bombeiros de Pontevedra tivo que desprazarse a últimas horas do mércores 5 de decembro ata a rúa Benito Corbal ante a alerta que provocou entre os veciños do número 21 o fume que saía do ascensor do edificio.
O fume tiña a súa orixe nunha cabicha mal apagada que quedara no interior do ascensor do inmoble e que causara un pequeno incendio. Ante o temor de que o lume puidera afectar ás vivendas, algúns dos veciños abandonaron os seus domicilios e sairon á rúa á espera da actuación dos bombeiros que, nuns minutos, conseguiron apagar o lume xerado no interior da cabina do ascensor.