O Goberno denuncia ao Concello para que os funcionarios devolvan a paga extra
Por Oskar Viéitez
O Goberno denunciou ante o xulgado do Contencioso-Administrativo ao Concello de Pontevedra para que os funcionarios devolvan a paga extra de Nadal.
En nome do Goberno de España, o encargado de facer este trámite foi o delegado en Galicia, Samuel Juárez, que impugna ante o xuíz o acordo municipal para o abono do plus de productividade.
O Concello capitalino fixo caso omiso ás reiteradas advertencias por parte do goberno que preside o pontevedrés Mariano Rajoy, nas que avisaba que non ía tolerar ningún tipo de insubmisión co decreto, do pasado xullo, polo que se suprimiu a extra de decembro do 2012 para todo o persoal do sector público.
A fórmula empregada polo equipo BNG-PSOE presidido polo alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, foi encubrir a paga nun plus de productividade, xustificado coa realización de horas extraordinarias por parte dos traballadores entre os días 15 e 30 de outubro.
Para iso o pleno de Pontevedra aprobou o pasado 30 de outubro, unha modificación orzamentaria de 1,3 millóns de euros.
A Delegación do Goberno considera que se cometeu unha infracción do ordenamento xurídico vixente polo que acode aos tribunais para que os funcionarios pontevedreses devolvan o diñeiro.
Relacionadas:
-
Ningún político declarará este xoves no xuízo pola paga extra abonada aos funcionarios
Por Alejandro Espiño |
-
Poio e Bueu serán este mes xa rebeldes oficiais contra o Goberno ao pagar extra
Por Natalia Puga |
-
O Goberno pide máis documentación ao Concello sobre a paga extra camuflada
Por Natalia Puga |
-
Jacobo Moreira: Lores es un populista que hace populismo con el dinero de los demás
Por Natalia Puga |
-
Lores, alcalde de Pontevedra: "Se ocurre algo, apandaremos coas consecuencias"
Por Anxo Lourido |
-
Antonio Coello, subdelegado do Goberno: "Siempre estuvo decidido recurrir las pagas extra del Concello de Pontevedra"
Por Anxo Lourido |
-
Lores: "Sabemos que a nosa rebeldía e insubmisión poder ter os seus riscos, pero asumímolo"
Por Alejandro Espiño |
-
Acusan ao delegado do Goberno de "entrometerse" na paga extra aos funcionarios municipais
Por Alejandro Espiño |
-
Rueda cree que deberían recurrir a paga extra do concello de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Rexeitan a alegación dun militante do PP contra a paga extra aos funcionarios municipais
Por Alejandro Espiño |