O PP tilda de "total falacia" que o Concello conxelará os impostos e taxas en 2015
Por Redacción
O PP de Pontevedra acusa ao Goberno local de incumprir o asinado no pacto de goberno do 2011, cando afirmaban que nunca subiría os impostos por encima do IPC, se non que "sempre por debaixo". A acusación faina o voceiro dos populares, Jacobo Moreira, en reacción ás informacións que ten de que a Administración municipal conxelará os impostos e as taxas no 2015.
Moreira considera que este anuncio é "toda unha falacia" si se ten en conta que o IPC de xullo foi negativo (- 0,3%). Na súa opinión, o que debería facer o equipo de Goberno do BNG é baixar esta cantidade nos impostos porque, en caso contrario, o único que están facendo "é mentir unha vez máis e tratar coma ignorantes aos veciños da nosa cidade, que perderán poder adquisitivo nun contexto de crise e con Pontevedra convertida na cidade do paro".
O PP sostén, a través dun comunicado, que dunha subida encuberta dos impostos, o goberno local, na súa política de oscurantismo, oculta que é o que vai facer co imposto sobre o lixo despois de que Sogama anunciase que rebaixará un 10% o canon aos concellos a partir do vindeiro mes de xaneiro.
En contraposición, Moreira sinala que presentou hai uns días una serie de medidas fiscais coas que pretende reducir os impostos. Entre estas rebaixas fiscais atopase a redución dun 25% no imposto de circulación, a viñeta, aos turismos e un 75% no caso dos taxis. Ademais, Moreira pretende suprimir case na súa totalidade o IBI rústico e aumentar as bonificacións para familias numerosas no caso do IBI urbano.