Pechado ao tráfico a ponte de Portela, que une Barrantes con Sisán (Ribadumia)
Por Redacción
Técnicos dos servizos municipais de Ribadumia confirmaron que as zapatas da ponte están parcialmente descalzadas, o que provocou un afundimento na calzada.
Ante esta situación decidiuse restrinxir o paso de vehículos e persoas para evitar situacións de perigo en previsión de que futuras choivas poidan danar aínda máis a infraestrutura.
O Concello suxire como alternativa ao tráfico o desvío cara a Muíños Novos mentres non se solucione a incidencia, que pode prolongarse no tempo.