Eles vanse contentos, os nervios quedan cos de casa
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
Os actos militares son fríos e protocolarios. Cheos da orde pautada que marca a disciplina do Exército. Por iso os actos de despedida adoitan aburrir se todo sae segundo o previsto pola autoridade. Ata que chegan as familias.
Os nenos, as nais, as noivas, os avós non saben de regulamentos, afortunadamente.
A un lado da esplanada principal da Base Xeneral Morillo de Pontevedra, en perfecta disposición, formaron este venres 90 dos 110 militares que España achega á misión da Unión Europea en Mali.
Eles vanse contentos, os nervios quedan cos de casa.
No seu discurso á Brigada o xeneral da Brilat, Luis Cebrián, recordou a estes soldados que se van enfrontar a un ámbito "si no hostil, al menos peligroso", onde desempeñarán un labor "arriesgado y duro" ante o cal lles deu unha serie de "recomendaciones" antes de partir como que teñan sempre presente que a "dignidad y prestigio" de España e do Exército "dependerán a los ojos de los ciudadnos y soldados de Mali, y de los medios de comunicación, de vuestro comportamiento" por lo que insistió en que "no podeis flaquear, ni cometer un desliz".
E dirixíndose ás familias destes militares díxolles que "si alguna vez flaqueais" e botan de menos ao seu ser querido "acudid a nosotros" xa que "intentaremos ocupar su espacio hasta que vuelva".
O obxectivo da misión que asumirá a brigada pontevedresa é apoiar ás forzas armadas de Mali mediante o asesoramento nos ámbitos do mando e control, da loxística, dos recursos humanos e do dereito humanitario internacional, ademais do adestramento das unidades de combate malienses para que alcancen a capacidade suficiente que lles permita actuar, de forma autónoma, fronte á ameaza yihadista do norte do país.
Xa en declaracións aos medios de comunicación o xeneral explicou que a de Mali "es una misión a la que ya estamos habituados" en referencia aos equipos de asesores e de protección que con anterioridade xa estiveron en Afganistán.
"Es una misión que supone un reto, indudablemente, pero un reto que estamos en condiciones de asumir perfectamente", dixo, e non vacilou á hora de recoñecer que "todas las misiones no están exentas de riesgos".
Sobre o ébola: "no genera ningún problema adicional que no tuvieramos con antelación"
Un deles é o virus do ébola, aínda que a avaliación de risco de contaxio que manexan na Brilat afirman que "no es un riesgo que consideremos importante, ni genera ningún problema adicional que no tuvieramos con antelación". Neste sentido destacou que "la Fuerza va perfectamente instruida en medidas sanitarias y de asistencia a enfermos".
"Si la evolución de la situación cambiara por parte del Estado Mayor de la Defensa se darán las directrices correspondientes y se incrementará el nivel de protección, pero esa no es la situación que tenemos en ese momento", engadiu o xeneral.
En canto á posibilidade de ataques de grupos yihadistas o xeneral Cebrián valorou que "el nivel de riesgo es muy manejable". Estamos a operar na zona sur de Mali, controlada polo Goberno e onde a nosa función é adestra e instruír, e cinguiu a "situaciones de inestabilidad" á zona norte do territorio.
A operación EUTM Mali se estrutura nun Cuartel Xeral Operacional e un Equipo de Asesoramento -Advanced Task Force (ATF)-, ambos os dous despregados na capital Bamako, e un grupo de instrutores que desenvolven un programa específico de adestramento das unidades militares malienses (a maior parte do continxente desprazado a Mali), que desprega na localidade de Koulikoro, unha pequena e tradicional localidade situada na ribeira oeste do río Níxer, a 60 quilómetros da capital maliense.
Relacionadas:
-
A Brilat regresará de Mali de xeito inminente
Por Natalia Puga |
-
A Brilat despide os 280 militares que asumirán en Afganistán unha misión con risco "calculado"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
A Brilat despedirá este xoves ao próximo continxente que irá a Afganistán
Por Redacción |
-
A Brilat asume en Afganistán a seguridade da Base de Apoio e aeroporto de Herat
Por Redacción |
-
Os 90 militares da Brilat que asumirán a misión en Mali viaxarán en novembro
Por Redacción |
-
A misión da Brilat en Mali aplicará medidas de prevención ante o ébola
Por Redacción |
-
A Brilat planifica xa a operación 'Centinela Gallego' e en setembro comezará o seu adestramento para Mali
Por Natalia Puga |
-
A Brilat enviará 120 militares a Mali
Por Redacción |