Veciños de Mourente e Bora lamentan a "actitude indolente" dos políticos ante os seus problemas
Por Oskar Viéitez
O colectivo de veciños pertencente aos lugares do Pazo, Eirós e Carabelos, na parroquia de Mourente así como os do Teso, Leirados e A Corbal, na parroquia de Bora, colgaron nas súas vivendas carteis nos que lamentan a "actitude indolente dos políticos ante os seus problemas".
Estes veciños seguen reivindicando a dotación do saneamento ante o Concello, Ministerio de Fomento e Xunta de Galicia, malia que o seu reclamacion ata o momento non deu o froito desexado, "debido á total indiferenza á que nos teñen sometidos".
Aseguran que a obra por eles reclamada é "de extrema prioridade" fronte a outros investimentos previstos no municipio.
Nun comunicado feito público por estes veciños trasladan a súa decepción por non se aproveitar a oportunidade que supoñía para hecer a obra coincidindo con que o Ministerio de Fomento poñía en marcha o proxecto de reforma, racionalización e mellora da estrada N-541 (Pontevedra-Ourense), ao seu paso polos lugares anteriormente indicados.
Por todo iso estes veciños de Mourente e Bora piden aos representantes públicos "que traballen e cumpran cos seus compromisos e deberes coa cidadanía".
Relacionadas:
-
O saneamento pendente en Mourente, en obras antes de final de ano
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
O saneamento en Mourente e Bora, pendente das obras de Fomento na N-541
Por Alejandro Espiño |
-
Fomento comezará as obras de mellora na N-541 en Mourente a finais deste ano
Por Oskar Viéitez |
-
900.000 euros para poñer a punto Mourente
Por Redacción |
-
O PP afirma que os veciños de Mourente e de Bora temen que o Concello os deixe sen saneamento
Por Redacción |
-
Paso adiante no Pleno para completar o saneamento nas parroquias de Mourente e Bora
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |