Posta a punto dos cemiterios pontevedreses de cara o día de Todos os Santos
Os cinco cemiterios municipais estarán "perfectamente limpos" para o día de Todos los Santos. Así o asegura a concelleira responsable desta materia, Carmen Fouces. Os operarios municipais están a realizar traballos de acondicionamento e limpeza en San Mauro, Ponte Sampaio, Lourizán, Bora e Campañó, para que todo estea a punto para o sábado, o día de maior afluencia do ano aos camposantos.
En concreto, no cemiterio de San Mauro, onde se espera unha maior cantidade de persoas, o Concello de Pontevedra dispuxo dez colectores onde se foron depositando as flores murchas, ramas das árbores que se puideron e outros restos. Tamén os propios familiares estiveron a axeitar o estado dos nichos particulares nestas últimas horas, limpando as lápidas ou colocando novos ramos de flores.
Durante a súa visita ao cemiterio, Carmen Fouces anunciou que o goberno municipal non renuncia a adxudicar os nichos que seguen baleiros nestas instalacións. San Mauro conta con preto dun centenar de prazas dispoñibles, mentres que en Ponte Sampaio as vacantes son unha trintena. Despois de que na anterior convocatoria non se adxudicarán todos estes nichos baleiros, o Concello volverá intentalo en 2015.
En todo caso, a concelleira recoñeceu a dificultade que presenta un proceso que, non tivo demasiado éxito nos dous últimos anos. Afecta, di, tamén a situación económica debido á cal moitos dos demandantes de nichos optan polo aluguer en lugar da compra. Trátase dunha modalidade que permite arrendar o nicho por cinco anos, con opción a outros cinco mediante prórrogas, e que cada vez é elixida por máis pontevedreses.
Relacionadas:
-
Flores, velas e masiva afluencia de xente aos cemiterios
Por Diego Torrado |
-
Dispositivo especial de tráfico da Policía Local para regular o acceso aos cemiterios
Por Redacción |
-
O Concello apoia a unha veciña que non pode construír un panteón en San Amaro polo informe negativo de Patrimonio
Por Redacción |
-
Adxudicados 93 nichos baleiros nos cemiterios de San Amaro e Ponte Sampaio
Por Redacción |