A Xunta endosa a responsabilidade sobre a prórroga de ENCE ao Goberno de Rajoy
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, endosou ao Goberno que preside o pontevedrés Mariano Rajoy a decisión final sobre a prórroga da concesión da empresa Ence na ría de Pontevedra. "A última palabra sobre o futuro de Ence en Pontevedra é allea á Xunta", subliñou na súa comparecencia no Parlamento.
O informe da Xunta será "determinante, non vinculante" e emitirase "cun profundo respecto á lei" e atendendo á conservación natural e ao desenvolvemento económico da zona.
O conselleiro Francisco Conde asegurou que "botar a Ence sen ir máis aló é unha desás propostas irresponsables é absolutamente ilegal", xa que hai que seguir os procedementos establecidos para evitar que "a Xunta de Galicia invada ás competencias estatais"
Así respondeu o conselleiro á pregunta formulada por Montse Prado, deputada do Bloque Nacionalista Galego pola provincia de Pontevedra.
Segundo Prado, a Xunta ten competencias para evitar a consolidación da pasteira na Ría de Pontevedra, polo que lle pide que as exerza para liberar ese espazo natural de usos industriais.
A nacionalista preguntó se dende o goberno autonómico "están dispostos a dar un peto na mesa en base a esas competencias ou van deixar que o Goberno central os teña por uns ninguén, pensan utilizar esas competencias ou van actuar aos ditados do Estado e da empresa?".
Montse Prado mostrouse crítica coa actuación dos representantes do Partido Popular, ao manifestar que "intentaron de todo, desde desligar a empresa do dominio público, a súa incorporación ao Porto de Marín, a declaración de supramunicipalidade e a modificación da Lei de Costas" coa intención de consolidar o complexo, asegurou.
A deputada defende que o diversas sentenzas do Tribunal Constitucional ratifican as competencias da Xunta de Galicia neste asunto.
Relacionadas:
-
AGE denuncia que o PP manobra para manter Ence na ría de Pontevedra
Por Redacción |
-
Rueda asegura que Ence non marca os tempos das decisións que adopte a Xunta respecto ao seu futuro
Por Redacción |
-
O Tribunal Supremo da dez días de prazo para abrir o expediente de caducidade de Ence
Por Oskar Viéitez |