Persoal da Xunta recolle máis de mil quilos de comida nun acto de protesta
Por Mónica Patxot
Dous grandes colectores de alimentos, máis de mil quilos, é o que conseguiron reunir os funcionarios da Xunta de Galicia en solidariedade coas persoas que o están pasando mal nestes momentos. O acto organizado polos tres sindicatos maioritarios, CC.OO., UGT e CIG serviu ademais para manifestar a oposición ás medidas de recortes por parte do goberno de Rajoy e, desta forma, máis de cincuenta funcionarios reuníronse durante os minutos para o café para mostrar o seu desacordo coa supresión da paga extra.
- Isto non é caridade, é solidariedade. Os empregados públicos tamén o estamos a pasar mal.
Segundo afirmaba Isabel Martínez Epifanio da CIG, "ademais de que nos están a recortar en dereitos e diñeiro hai outra xente á que lle están a quitar case a vida. Este é un acto reivindicativo polos recortes que nos están a realizar aos empregados públicos. Os tres sindicatos xuntámonos para solidarizarnos coas persoas que ou están a pasar mal". María José Fuentes de CC.OO. indicaba que os alimentos recollidos hoxe irán destinados a Cáritas interparroquial e a Aldeas infantís. O próximo xoves realizarán unha recollida de roupa e o día 20 unha doazón de sangue.
Daniel Baqueiro de UGT denunciou que a delegada en funcións da Xunta de Galicia en Pontevedra, Ana Ortiz, lles impedira despregar pancartas reivindicativas "porque podía afectar a súa imaxe. ÿ o único que lle interesa".
O persoal da Xunta de Galicia ten previsto continuar coas protestas á volta do Nadal tras manter novas asembleas.