Nega ter 'xogado aos médicos' con fins sexuais coa filla de sete anos da súa parella
Por Natalia Puga & Mónica Patxot
Unha menor de sete anos contou un día á súa nai que tiña un segredo con Juan Carlos, a súa parella sentimental, con quen levaban entre dous e tres anos convivindo. Detalloulle, en palabras da proxenitora, que "él me tocaba la pachocha y yo a él el pene" mentres ambos os dous xogaban a distintos xogos, entre eles, a médicos e enfermeiras. Inmediatamente, a muller decidiu levar a nena ao médico e botar de casa o seu noivo.
A situación, da que non se acreditou aínda a veracidade, derivou nunha denuncia por abusos sexuais e, dous anos despois, este martes, o caso chegou a xuízo na Audiencia Provincial de Pontevedra. O suposto autor dos abusos, Juan Carlos G., negouno todo, pero a nena e a súa nai mantiveron o relato dos feitos, que se remontan ao ano 2012 e aconteceron en Porriño.
Juan Carlos G. foi xulgado por un delito continuado de abusos sexuais polo que se enfronta a cinco anos de cadea
O xuízo celebrouse parcialmente a porta pechada na Sección Cuarta de la Audiencia para preservar intimidade da menor, que na actualidade ten nove anos. Ao seu remate, tras escoitar ao acusado, a menor e a súa familia e as psicólogas e forenses do caso, a fiscal decidiu elevar a definitivas as súas conclusións provisionais, segundo as cales o procesado abusou da relación de confianza que tiña coa filla da súa noiva para satisfacer os seus desexos sexuais e cometeu un delito continuado de abusos sexuais polos que cre que debería ser condenado a cinco anos de prisión. A defensa do acusado pide, pola contra, a súa libre absolución, ao consideralo inocente das acusacións que se formulan contra el.
O xuízo quedou visto para sentenza e agora será o tribunal quen deba decidir se dá credibilidade ás declaracións da suposta vítima ou do acusado. Ambas as dúas son contraditorias. O procesado sostén que nunca toqueteou a menor nin a súa irmá, que é dous anos maior. Segundo o seu testemuño, se "llevaba genial" con ambas as dúas e a suposta vítima mesmo "me preguntó si podía llamarme papá" e el tratábaa como tratou sempre o seu fillo biolóxico (dunha relación anterior).
Segundo transcendeu na sala, a menor mantivo a súa versión dos feitos, segundo a cal tiña moi boa relación co noivo da súa nai e xogaba a distintos tipos de xogos con el. Nun deles utilizaban un maletín médico que tiñan na casa e el lle pedía que lle vendase partes íntimas mentres a toqueteaba. Así é como llelo trasladou, ademais, aos seus pais, que vivían separados, pero mantiñan boa relación polas súas fillas.
O tribunal da Sección Cuarta tamén se enfronta a informes periciais e psicolóxicos contraditorios. A psicóloga que atendeu á menor no Hospital Xeral de Vigo despois de que a súa nai comentase ao seu pediatra o sucedido dá credibilidade á menor, á que cualifica como "madura para su edad" e as forenses do Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga) que a avaliaron consideran "altamente improbable que una menor llegue a inventar detalles, sentimientos y emociones de hechos que no ha vivido y de los que no tiene experiencia. Y menos a su edad".
Os forenses ven "altamente improbable que una menor llegue a inventar detalles, sentimientos y emociones de hechos que no ha vivido"
As forenses do Imelga sinalaron que a nena non concibiu os abusos como algo malo no momento no que supostamente aconteceron porque o vía como un xogo e, polo tanto, "non ten a conciencia moral da invasión que se fixo na súa vida". Isto motivou que non se producise ningún tipo de problema na súa vida e a súa forma de relacionarse cos demais, pero "es muy difícil prever las secuelas" que terá no futuro e, pola súa experiencia, "sí que tedrá algunas".
A defensa do acusado achegou novos informes intentan que desmontar os realizados polos peritos oficiais e defender a inocencia do seu cliente. O primeiro é o realizado por unha psicóloga que considera que os forenses do Imelga "deberían continuar con las pruebas" pois nas que realizaron á menor non se detecta "ningún indicador comportalmental ni físico ni de ámbito sexual" que reporte que foi vítima de abusos. Ademais, considera que a declaración que fixo a menor aos psicólogos "es poco creíble" e un relato "muy elaborado, muy trabajado, que no es acorde con la edad de la niña".
O segundo informe e proba pericial achegado pola defensa é un exame psicolóxico do acusado que conclúe que "no tiene rasgos de personalidad coincidentes con los agresores sexuales" e "no tiene ningún tipo de alteración sexual".