A Audiencia de Pontevedra xulgará este xoves a Chito Lavía por abusar de dous menores
Por Oskar Viéitez
A Sección Segunda da Audiencia Provincial ten previsto celebrar o próximo xoves día 30 de outubro o xuízo contra Rafael "Chito" Lavía, de 70 anos, un coñecido ex adestrador de fútbol base acusado de abusos sexuais a dous menores.
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia informou que a Fiscalía de Pontevedra solicita penas que suman oito anos e medio de prisión para o procesado, a quen se lle imputan abusos continuados a dous nenos que tería cometido no seu domicilio "co pretexto de ensinarlles obxectos relacionados co fútbol".
As vítimas dos supostos abusos sexuais son dous irmáns de orixe romanesa de 11 e 13 anos.
Chito Lavía foi detido en agosto do 2013. A Policía Nacional levaba xa algún tempo investigando ao ex adestrador pero o seu arresto precipitouse tras recibir en Comisaría unha chamada anónima que revelou o que estaba a acontecer nun rocho dun edificio da rúa Santa Clara.
Os menores confirmaron a existencia destes supostos abusos ante a Policía Nacional, o xulgado e ante os psicólogos do Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga).
Dende o momento do seu paso a disposición xudicial decretouse o seu ingreso en prisión preventiva.
Relacionadas:
-
'Chito' Lavía, condenado a seis anos de cárcere por abusar de dous menores
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Un menor relata que o presunto pederasta de Cruz Vermella o 'compraba' con chuches e bocatas
Por Natalia Puga |
-
Prisión para un septuaxenario por abusar de polo menos dous menores nun faiado de Cruz Vermella
Por Natalia Puga |