Adxudicadas a Vila Miño S.A., en 1,3 millóns de euros, as obras do viveiro de empresas de Barro-Meis
Por Redacción
A Xunta de Goberno da Deputación procedeu este venres á adxudicación definitiva das obras do viveiro de empresas de Barro-Meis, por un importe de 1,3 millóns de euros.
Ao concurso presentáronse 17 empresas, sendo a oferta gañadora e polo tanto a adxudicataria das obras, Construcciones Vila Miño S.A.
Con esta adxudicación, a Deputación avanza na creación de condicións favorables para o emprendemento na provincia, ao habilitar dous viveiros de empresas, un en Lalín e outro en Barro-Meis, para acoller proxectos emprendedores. Os dous viveiros póñense en marcha ao abeiro dun convenio de colaboración entre a Administración provincial e o Incyde, que conta cunha dotación económica total de 2,5 millóns.
DESEÿO
No caso do viveiro adxudicado hoxe, situarase nunha parcela de máis de 5.000 metros cadrado do polígono de Barro-Meis e centrará o seu peso nas "naves-nido" para un tipo de proxecto empresarial orientado a produción, a industria, a talleres ou a oficinas.
O deseño do edificio decidiuse por medio dun concurso de ideas, do que resultaron gañadores os arquitectos vigueses Juan B. Pons e Lucas Gándara.
No deseño, os arquitectos combinan a calidade estética cun deseño funcional, que aposta pola flexibilidade e capacidade de adaptación ás necesidades dos emprendedores.
Con este obxectivo, o inmoble terá un carácter modular, para que poida adecuarse aos proxectos que neles se instalen e para poder ser ampliados en caso de necesidade.
Relacionadas:
-
Piden que os veciños de Barro poidan utilizar o Centro de Servizos e Apoio Empresarial da Deputación
Por Redacción |
-
Sacan a concurso un centro de servizos en Barro-Meis e as obras da cuberta do Pazo Provincial
Por Redacción |
-
Ademáis de Froiz outras tres empresas amosaron interese en instalarse en Barro-Meis
Por Redacción |
-
Rafael Louzán: "En moi pouco tempo o polígono de Barro-Meis estará totalmente ocupado"
Por Oskar Viéitez |
-
O viveiro de empresas de Barro-Meis estará operativo nos primeiros meses de 2015
Por Oskar Viéitez |