Pepe Vieira xestionará o restaurante e a cafetería do Museo de Pontevedra
Por Redacción
Pepe Vieira S.L., empresa dos irmáns Xosé e Xoan Torres Cannas, será a encargada da explotación do restaurante e a cafetería do Museo de Pontevedra, despois de gañar o concurso posto en marcha pola Deputación de Pontevedra para a xestión destes espazos. Así o anunciou este venres o presidente da Deputación na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno.
A proposta dos irmáns Torres Cannas, que contan cunha estrela Michelín no seu restaurante de Raxó dende o ano 2008, inclúe o aproveitamento da planta baixa do Sarmiento e da terraza exterior para crear varios espazos e ambientes diferenciados. Todos eles terán unha oferta gastronómica centrada en dous eixes fundamentais: a gastronomía local e a vinculación co Museo por medio de menús temáticos.
Trátase, segundo se recolle na propia memoria, "de crear un espazo dinamizador do propio Museo, pero tamén da vida social e cultural da cidade de Pontevedra, de modo que sexa un polo de atracción de visitantes e turismo culinario de ámbito galego e nacional".
CONCESIÿN POR CINCO ANOS PRORROGABLES
A xestión e explotación destes espazos será unha concesión demanial, cunha duración inicial de cinco anos, prorrogable por outros cinco.
Neste tempo, a empresa concesionaria comprométese a abonar á Deputación de Pontevedra o 15% beneficios obtidos, en concepto de canon. En ningún caso esta achega poderá baixar dos 10.909,50 euros anuais.
Agora, a Deputación de Pontevedra sacará a licitación a adquisición do mobiliario necesario para a cociña do restaurante e a barra da cafetería, tal e como estaba comprometido.
O orzamento que a Deputación dispuxo para este equipamento ascende a 80.000 euros.
Relacionadas:
-
Abre La Ultramar, o novo restaurante de Pepe Vieira no Museo de Pontevedra
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Sacan a licitación os contratos para o mobiliario do novo restaurante do Museo
Por Redacción |
-
Un gastrobar, barra de viños, tenda e aula-taller: Así será o novo restaurante de Pepe Vieira no Museo
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Pepe Vieira e Eirado da Leña, aspirantes a asumir o restaurante do Sexto edificio do Museo
Por Redacción |
-
O lado salvaxe do Atlántico fusiónase coa arte na nova proposta gastronómica de Pepe Vieira
Por Alejandro Espiño |
-
O restaurante do Museo levará o nome de 'Miliarium'
Por Diego Espiño |
-
O programa 'Masterchef' elixe como estudio ás Rías Baixas
Por Oskar Viéitez |
-
Casa Solla, Culler de Pau, Pepe Vieira e Yayo Daporta renovan un ano máis a súa estrela Michelín
Por Redacción |