Policías sobre o tellado para salvar unha vida
Por Natalia Puga
Na tarde do sábado recibiuse un aviso na Policía Nacional. Unha muller estaba a punto de precipitarse dende o tellado da rúa Augusto González Besada. Kico e Sole estaban correspondentes e tocoulles prestar o servizo. Aí empezou a súa fazaña. Arriscaron a súa propia vida, deslizáronse por unha ventá velux, puxéronse ao bordo do tellado e, finalmente, lograron rescatala. Eles desmitifican o seu labor: "no te paras a pasar, actúas".
"Recibimos el aviso de la central del 092 en la que nos comunicaban que había una persona que se quería suicidar, luego ya nos dijeron que estaba en un tejado y fuimos con mucha urgencia", comeza a súa historia.
Non resultou nada doado. "Llegamos al séptimo piso, que al final se convirtió en un octavo, porque había que subir unas escaleras y acceder por una velux hasta el lugar. Cuando entramos estaba en el borde del tejado, en una zona en la que ya se podía caer. Estaba la señora tumbada y su nuera tratando de convencerla de que entrase". Aí interviñeron eles. Non sen dificultades, pois "era muy inclinado, la mitad eran tejas y la otra uralita" e acceso era "por una ventana velux que casi no se podia abrir, era bastante impenetrable".
Recoñecen que "hubo momentos en que fue complicado", pero, de súpeto, no medio da tensión da situación,"tuvimos un momento ahí en el que se tranquilizó un segundo y aprovechamos para cogerla y trasladarla". Fixérono sen pensar: "en ese momento simplemente ves la situación, la persona que te ha llamado confia en que esa situación se resuelva".
Sole e Kico enmarcan esta fazaña nun servizo humanitario máis dos que realizan na súa quenda de traballo e sinalan que non terían podido facelo sen o apoio dos outros catro axentes que lle daban soporte dende abaixo e con labores como, por exemplo, "de apoio ao marido". Tampouco escatiman en agradecementos o persoal do 061.
As loas son mutuas. O medico de garda do 061 enviou unha mensaxe a la Comisaría e enviará unha carta ao comisario. Nel sinala que "es su deseo felicidar a los policías actuantes por la intervención prestada, poniendo en grave riesgo su integridad física más allá de lo requerido".
Relacionadas:
-
O heroe reincidente
Por Redacción |