Trasladan ao porto de Marín unha boia bateeira localizada á deriva no mar
Por Redacción
Os temporais no mar adoitan traer cara á costa os materiais máis insospeitados. E o último, que tivo lugar a pasada semana, non foi unha excepción.
O buque Sebastián Ocampo de Salvamento Marítimo da Xunta de Galicia recolleu o pasado domingo unha boia á deriva a unhas 10 millas ao oeste de Corrubedo e trasladouna ata o Porto de Marín para a súa identificación.
Podería tratarse, segundo indica a Autoridade Portuaria, dunha baliza de sinalización dun polígono de bateas que quedou á deriva tras os últimos temporais.