Outras seis empresas de Sanxenxo optan ao selo Sicted "polo traballo ben feito"
Por Redacción
A Mesa para a Calidade Turística do Concello de Sanxenxo deu o visto bo este martes á candidatura de seis firmas a adherirse ao Sistema Integral de Calidade Turística en Destino (SICTED), ao que xa pertencen outras 91 empresas locais.
"ÿ unha satisfacción comprobar como ano tras ano seguimos sumando certificacións porque iso reflicte que os profesionais deste municipio teñen claro que a calidade é fundamental á hora de ser competitivos", afirmou a alcaldesa e presidenta deste comité reunido na Sala Nauta e no que participou a concelleira de Turismo, representantes dos grupos políticos municipais, de Turismo Rías Baixas, da Fegamp, de Entretendas, e do Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo.
Nesta edición, foron oito os aspirantes que asinaron a solicitude para integrarse no sistema promovido por Turespaña, dos que seis superaron as auditorías realizadas polo persoal da Concellaría de Turismo e de Turismo de Sanxenxo como formador, asesor e avaliador deste selo. Trátase de dous hoteis, un taxi, unha empresa de turismo activo, e dous bares-cafetarías, un deles xa posuidor da Q de Calidade.
"Un feito que é sinónimo do traballo ben feito", dixo Catalina González sobre estas novas solicitudes
Ademais, aqueles establecementos que conseguiron o selo en anteriores ciclos tiveron que superar agora unha avaliación de seguimento ou de renovación -segundo o caso- para constatar o correcto cumprimento dos requisitos recollidos no manual de boas prácticas.
Unha vez analizados os informes de adhesións, Turismo de Sanxenxo remitirá a proposición ao Comité Interdestinos que examinará a documentación de cara á integración ou renovación dos distintivos.
"Sanxenxo é o municipio de Galicia que conta co maior número de distintos SICTED e Q de Calidade, un feito que é sinónimo do traballo ben feito e do interese tanto do sector privado como do público pola excelencia turística", apuntou a rexedora.
Relacionadas:
-
Sanxenxo quere crear un premio para recoñecer a aposta dos empresarios pola calidade turística
Por Redacción |
-
Sanxenxo será o único representante galego no comité interdestinos de Turespaña
Por Redacción |
-
A oficina de turismo de Sanxenxo opta a ser a primeira de carácter municipal coa 'Q de calidade'
Por Redacción |
-
Clase práctica da asignatura 'Sanxenxo'
Por Redacción |
-
210 empresas pontevedresas optan ao certificado de Compromiso de Calidade Turística
Por Redacción |
-
Os expertos sinalan que a era dixital marca os retos e as tendencias do sector turístico
Por Redacción |
-
Sanxenxo consolida a súa marca como destino de calidade sumando nesta edición 92 selos Sicted
Por Redacción |
-
Turespaña referenda a Sanxenxo como o municipio galego con máis distintivos de calidade
Por Redacción |
-
95 empresas de Sanxenxo aspiran a adherirse ao sistema de calidade turística de Turespaña
Por Redacción |