Marín acomete un programa o pavimentado dos camiños do rural
Por Redacción
O equipo de goberno do Concello de Marín redactou o proxecto que encargou hai varios meses co que se pretende renovar o pavimento existente en determinados camiños do rural así como a reposición dos servizos afectados.
As características básicas das obras incluídas neste proxecto son:
- A intervención limitarase a renovación e mellora do pavimento existente, así como a limpeza das cunetas e bordes dos camiños.
- Se adaptarán as rasantes dos elementos das instalación existentes afectados pola nova rasante do pavimento.
- Controlaranse as escorrentas nos enlaces dos camiños obxecto de intervención que non conten con cunetas que vertan a rede de saneamento de augas pluviais.
As vías públicas sobre as que se proxectan as actuacións son as que a continuación se relacionan:
- Vial desde a Grela a Bouza na parroquia de San Xulián.
- Vial de acceso a Currás na parroquia do Campo.
- Vial de acceso a Praia do Santo na parroquia de Ardán.
- Camiño de Aguete na parroquia de Seixo.
- Vial de acceso a Fixón na parroquia de Santo Tomé.
- Vial dende a Cancela o núcleo do Igresario na parroquia de Santo Tomé.
- Vial de acceso a Aniñada na parroquia de Mogor.
- Vial en O Xuncal na parroquia de Ardán.
- Camiño do Barrio na parroquia de Seixo.
O presuposto de execución por contrata é de 175.866,30 euros.
A intención do goberno local era a de buscar financiación para poder levar o proxecto a cabo o longo do ano coa axuda de outras administración. Esto se conseguiu coa inclusión do mesmo nun plan de inversións que financia para o concello a Deputacion de Pontevedra.
O concello considera prioritario un proxecto destas características co obxetivo de mellorar o estado da rede viaria municipal e o mesmo tempo intentar satisfacer moitas das demandas presentadas polos veciños que viven nas sete parroquias do rural de Marín.
Relacionadas:
-
2021 deixa once camiños rurais pavimentados despois de rematar as obras en Silvestre-Troncosa
Por Redacción |
-
Arranxo de camiños en Ardán e Seixo
Por Redacción |
-
O chapapote chega ao Camiño de Aniñada
Por Redacción |
-
Melloran a seguridade viaria na Barriada Virxe do Carme e asfaltan un camiño en Mogor
Por Redacción |
-
418.000 euros para a humanización da rúa Jaime Janer e á pavimentación de 9 camiños rurais en Marín
Por Redacción |