Ence recoloca en Pontevedra traballadores afectados polo peche da súa fábrica en Huelva
Por Oskar Viéitez
Este luns espérase que os traballadores da planta da empresa Ence en Huelva ratifiquen en asemblea o acordo do Expediente de Regulación de Emprego alcanzado pola dirección da compañía e o comité de empresa para o peche da planta de celulosa onubense tras 50 anos de actividade.
Segundo informaron dende Comisións Obreiras, ambas as dúas partes acordaron recolocacións en Pontevedra e Asturias a aqueles traballadores que non sexa posible situar en Huelva.
Pola súa banda, Ence sinalou nun comunicado que o preacordo contempla a redución do número de afectados en Huelva e incrementa as recolocacións internas inicialmente ofertadas. Deste modo non se formularía ningún despedimento.
A pasada semana os traballadores da fábrica de Ence en Pontevedra secundaron catro días de folga en solidariedade cos 300 compañeiros afectados polo peche de Huelva.
Relacionadas:
-
Rueda asegura que Ence non marca os tempos das decisións que adopte a Xunta respecto ao seu futuro
Por Redacción |
-
A APDR pide ao Valedor do Pobo unha solicitude de amparo pola "trama" de Ence coa Xunta
Por Redacción |
-
O Tribunal Supremo da dez días de prazo para abrir o expediente de caducidade de Ence
Por Oskar Viéitez |