A Brilat celebra Santa Bárbara, patroa da súa Arma
Por Redacción
O 4 de decembro celébrase Santa Bárbara, patroa de: armeiros, fundidores, mineiros, prisioneiros, artilleiros, bombeiros, pirotécnicos e exércitos.
En Pontevedra a BRILAT celebra a festividade con diversas actividades, entre elas destaca a parada militar desenvolvida hoxe baixo a presidencia do xeneral José Antonio Alonso Miranda.
A parada consistiu nunha formación do Grupo de Artillería da BRILAT, unha imposición de condecoracións, o nomeamento de Artilleiro de Honra concedido ao alcalde de Tui, a entrega do obsequio á Coral de Tui polo seu 40º Aniversario, a entrega da distinción de presidencia de Honra á BRILAT por parte do Gremio de Mareantes, un acto homenaxe aos que deron a súa vida por España, a entonación do Himno de Artillería e da BRILAT, e finalizou cun desfile da Forza.
Durante a súa alocución ante os invitados, o Tenente Coronel Pedro Polo Campo, xefe do GACAAT VII, agradeceu a presenza aos familiares e invitados presentes no acto "que constituye desde hace más de cinco siglos, la fiesta de la gran familia artillera".
"La celebración de hoy está marcada por la ausencia de 69 miembros del Grupo desplegados en Afganistán" recordou o Tenente Coronel Coronel "allí, orgullosos de pertenecer a la BRILAT, afrontarán una misión complicada y arriesgada, para la que se han preparado con abnegación. Desde aquí, les deseamos un feliz día y les decimos que cuentan con todo nuestro respaldo y apoyo, y que estamos orgullosos de que allí nos representen".
Así mesmo, sinalou que o Grupo de Artillería está preparado para as misións que lle encomenden: "nuestro Grupo está dotado de los mejores y más modernos medios de que una unidad de su clase puede estarlo".