Os expertos en mobilidade avalan o modelo de cidade de Pontevedra
Por Redacción
A idea de que a cidade é para os peóns imperou no desenvolvemento do II Congreso Cidades que Camiñan que se desenvolveu no Pazo da Cultura coa participación de numerosos expertos en mobilidade, que destacaron a relevancia de Pontevedra como modelo referente na aplicación de medidas que eviten a presenza maioritaria dos vehículos no centro da cidade.
Durante este foro sentáronse as bases para crear unha rede de cidades que traballen co obxectivo posto na redución de accidentes nas urbes e nos seus accesos.
Torres Vedras, a cidade portuguesa na que se celebrará a terceira edición deste Congreso, obtivo na clausura o premio Ciudades que Caminan 2014 para as urbes de menos de 50.000 habitantes pola aplicación de fórmulas de sostibilidade ambiental. Irún levouse o galardón para as cidades de entre 50.000 e 100.000 habitantes por implantar as zonas de límite de circulación a 30 quilómetros/hora.