Pilar Dopazo será a candidata ás municipais de Pontevedra por Compromiso por Galicia
Por Redacción
O partido Compromiso por Galicia celebrou este venres 17 as primarias en Pontevedra para elixir á cabeza de lista para as eleccións municipais de 2015 na que saíu elixida a única candidata que se presentaba, Pilar Dopazo, veciña de Estribela que foi apoiada polas 81 persoas que acudiron a estas primarias nas que se encontraban afiliados, simpatizantes e veciños de Pontevedra.
O secretario local da organización, Pablo Tortajada, destacou que se trata dun proceso sen precedentes na historia democrática da cidade ao tratarse dunhas primarias abertas a calquera cidadán sen necesidade de presentar avais.
A candidata Pilar Dopazo mostrouse comprometida cos cidadáns e afirmou que se se entregará totalmente para loitar contra o desemprego local e para abrir as fiestras da política municipal porque "hai moito que limpar no Concello". A comezos de 2015 dará a coñecer os dez primeiros integrantes da lista que, afirma, estará composta por persoas de todos os sectores sociais.
Relacionadas:
-
"Pontevedra máis bonita non pode estar. Pero se non teño para comer, de que me vale?"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Plural e chea de mocidade, así presenta Compromiso por Galicia a súa candidatura en Pontevedra
Por Redacción |
-
Unha "brava do país" fronte a "actitudes do tempo de Queizán"
Por Oskar Viéitez |
-
Pilar Dopazo presentarase ás primarias de Compromiso para a alcaldía de Pontevedra
Por Redacción |