GAES inaugura un novo Centro Auditivo en Pontevedra
Por Redacción
GAES inaugurou este luns un novo centro auditivo en Pontevedra, que incorpora as últimas tecnoloxías para detectar e tratar todo tipo de problemas auditivos. No novo gabinete realizaranse probas audiométricas e tamén a adaptación das axudas auditivas pertinentes.
Coa apertura deste novo centro, GAES amplía a súa presenza na cidade do Lérez para ofrecer as solucións auditivas tecnoloxicamente máis avanzadas e eficaces. O primeiro local que abriu a compañía, hai máis de 25 anos, encóntrase na rúa Castelao, mentres que este novo centro se sitúa na Praza de Barcelos, 6-baixo.
"En Pontevedra se estima que más de 6.600 personas sufren pérdida de audición, mientras que en Galicia pueden ser más de 220.000 y en el conjunto de España se superarían los tres millones de personas", apunta Jose Luis Contreras, director de Zona de Galicia de GAES. Tamén sinalou que os problemas de audición aumentaron nos últimos anos e que estes afectan cada vez máis á poboación nova.
A perda de audición é un problema de saúde que pode chegar a condicionar a vida das persoas que a padecen se non se pon en mans dun especialista o antes posible. Algúns dos primeiros sinais que poden indicar que unha persoa padece problemas de audición maniféstanse en situacións cotiás, como non poder seguir unha conversación, pedir que nos repitan as palabras a miúdo, ou mesmo ter que elevar o volume da televisión e a radio para poder escoitalas correctamente.
CRECE O PROBLEMA ENTRE OS MÁIS NOVOS
Actualmente entre o 40 e o 50% da poboación española empeza a experimentar perda auditiva, debido ao envellecemento, arredor dos 65 anos. Non obstante, segundo os expertos dentro de pouco serán as persoas de 40-50 anos as que presenten signos de presbiacusia. Se non se toman medidas de prevención os nosos oídos envellecerán antes de tempo.
Jose Luis Contreras, director de Zona de Galicia de GAES: "En Pontevedra se estima que más de 6.600 personas sufren pérdida de audición"
A causa deste incremento débese fundamentalmente á contaminación acústica e a determinados hábitos pouco saudables para os nosos oídos. Tal e como apuntan investigacións recentes, un dos factores que poden influír no incremento da perda de audición entre os máis novos é o uso cada vez máis prolongado de reprodutores de música con auriculares a un volume moi elevado. Factores que unidos á exposición continuada a sons dunha intensidade superior aos 85 decibelios, xa sexa no ámbito laboral ou no noso ámbito cotián, son algunhas das causas que poden provocar que apareza un trastorno auditivo a medio ou longo prazo.
A perda auditiva é un trastorno auditivo que pode condicionar a vida das persoas. Está demostrado que a perda auditiva dificulta as relacións sociais, diminúe o rendemento académico e laboral, limita as oportunidades de traballo e provoca sentimento de illamento, soidade e depresión.
Os expertos insisten na necesidade da prevención tomando medidas para protexer os nosos oídos de posibles agresións, como por exemplo o ruído, e realizar revisións periódicas para comprobar o estado da nosa audición, xa sexa cun especialista otorrinolaringólogo ou nun centro especializado.
GAES, firma líder en solucións auditivas, con presenza na cidade dende hai máis de 25 anos, abre un segundo centro na Praza de Barcelos
O RUÍDO, PREXUDICIAL PARA A NOSA SAÿDE
A sobreexposición a sons dunha intensidade superior aos 85 dB non tan só contribúe á perda de audición. Segundo revelan diversos estudos, estar expostos de forma recorrente a niveis de ruído non recomendados pode comportar déficit de concentración, estrés crónico, fatiga, ansiedade e a aparición de insomnio. Ademais, existen evidencias científicas que demostran que a convivencia con altos niveis de ruído pode favorecer a aparición de trastornos cardiovasculares como hipertensión, anxina de peito ou infarto de miocardio.
SOBRE GAES
GAES dedícase a proporcionar solucións auditivas ás persoas con problemas de audición, dende que foi fundada en 1949, en Barcelona. Os seus centros auditivos dispoñen da tecnoloxía máis avanzada e técnicos especialistas para detectar un posible déficit auditivo e adaptar a axuda auditiva máis apropiada e de forma personalizada en cada caso. Actualmente, GAES dispón dunha rede duns 600 centros auditivos, dos cales máis de 500 están en España e o resto distribuídos en Portugal, Chile, Arxentina, Turquía e Ecuador.