Nauta Sanxenxo supera o desequilibrio económico de 2013 e pechará o ano con superávit
Por Redacción
Nauta Sanxenxo pechará o actual exercicio económico con superávit, dando por superado o desequilibrio financeiro puntual que viviu en 2013 e que o vicepresidente da entidade, Salvador Durán, atribúe a circunstancias extraordinarias como a necesidade de pagar á Xunta de Galica a sanción de 850.000 euros imposta no seu día ao promotor do equipamento e asumida polo Concello tras comprar as instalacións.
Ademais, en 2013 fora necesario pagar ao Concello 670.000 euros do IBI pendente dende o ano 2006 ou gastos derivados de reparacións nas instalacións e investimentos en melloras e novos servizos no Porto Deportivo Juan Carlos I, tales como a remodelación e substitución de peiraos, a creación da lavandaría, a reforma da praza do Mar e o acondicionamento integral do aparcadoiro.
O informe económico abordado esta semana pola Xunta Xeral de Nauta recolle que a entidade mantén aínda en reservas voluntarias un total de 479.100 euros. Segundo explicou Salvador Durán, "a situación sobrevida o ano pasado, debido a feitos non relacionados coa xestión, está amplamente superada este ano, segundo amosan os datos dous tres primeiros trimestres".
O documento apunta á necesidade de retrotraerse ás cifras de gasto rexistradas en 2012. Naquel ano a suma de gastos foi de 1.185.468 euros e Nauta pechará este capítulo en 2014 cunha contía de 1.180.688. Pola súa banda, os ingresos serán considerablemente superiores aos conseguidos hai dous anos, que ascenderon a 1.521.347 euros fronte a 1.639.671 previstos neste exercicio.
Relacionadas:
-
O porto deportivo de Sanxenxo aspira a revalidar a bandeira azul
Por Redacción |
-
O Porto Deportivo logra a total accesibilidade das súas instalacións ás persoas discapacitadas
Por Redacción |
-
As contas de Nauta saen a flote
Por Redacción |
-
Nauta Sanxenxo pedirá un crédito para financiar a rexeneración da praia de Carabuxeira
Por Redacción |
-
Nauta Sanxenxo liquidará a final de mes o crédito bancario concertado para mercar o porto
Por Redacción |
-
Nauta aboa a Portos de Galicia a sanción imposta no seu día á promotora do porto
Por Redacción |