A APDR pide ao Valedor do Pobo unha solicitude de amparo pola "trama" de Ence coa Xunta
Por Redacción
A Asociación pola Defensa da Ría (APDR) remitiu ao Valedor do Pobo de Galicia unha solicitude de amparo fronte ao trato de favor que, segundo o colectivo, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas presta á fábrica de Ence que dirixe o marido da actual subdirectora xeral de Coordinación Ambiental, María José Echevarría Moreno.
A APDR remitiu ao Valedor un escrito de 10 páxinas no que se pormenorizan as actuacións dos actores da administración, de Ence e de Elnosa que levan á asociación a presentar esta solicitude de amparo. Detállase o progreso dos actos administrativos nos que participa a actual subdirectora xeral de Coordinación Ambiental e se achegan as probas documentais que corroboran estas actuacións. Desta forma relátase que María José Echevarría Moreno participa en trámites e expedientes que afectan ás empresa que aparecen representadas pola súa irmá, executiva de Elnosa, Amaia Echevarría, e polo seu marido Antonio Casal, director de Ence en Lourizán.
Segundo a APDR no escrito ofrécese unha exposición razoada de como as decisións adoptadas en actos administrativos nos que participa a subdirectora xeral se resolven de xeito favorable para Ence. Por este motivo, o colectivo que preside Antón Masa, solicita amparo ao Valedor para que restitúa o dereito cidadán á acción civil en defensa do medio ambiente, ao entender que se veu producindo un secuestro deste dereito.
Ademais, a asociación alerta o Valedor dun acto de "dubidosa legalidade" en relación coa prórroga que solicita a empresa para permanecer na ría de Pontevedra e solicita que evite un acto administrativo que, segundo entenden os responsables da APDR, "non está presidido polo obxectivo do ben común".
Relacionadas:
-
A APDR non rectifica a súa denuncia pola suposta "trama político-familiar" entre Ence e a Xunta
Por Oskar Viéitez |
-
O BNG acudirá a Fiscalía para denunciar unha suposta "trama" entre cargos do PP e Ence
Por Redacción |
-
Ence recoloca en Pontevedra traballadores afectados polo peche da súa fábrica en Huelva
Por Oskar Viéitez |
-
Rueda asegura que Ence non marca os tempos das decisións que adopte a Xunta respecto ao seu futuro
Por Redacción |
-
O Tribunal Supremo da dez días de prazo para abrir o expediente de caducidade de Ence
Por Oskar Viéitez |
-
Ence rexeita a trama político-familiar entre a empresa e a Xunta que denuncia a APDR
Por Anxo Lourido |